NOA PRESAS REIVINDICA A POLÍTICA DE VIVENDA DO BIPARTITO

O BNG aposta pola creación dun organismo público que xestione o alugueiro de vivendas baleiras

Presas e Marcos Fdez, membro da candiadtura, esta maña Praza Ferreria
Presas e Marcos Fdez, membro da candiadtura, esta maña Praza Ferreria

Noa Presas sinala que un novo goberno na Xunta deberá utilizar medidas fiscais para desincentivar o mantemento de vivendas baleiras e promover políticas de alugueiro para os colectivos máis vulnerables.
 

O BNG aposta pola creación dun organismo público que xestione o alugueiro de vivendas baleiras

“Fronte os recortes orzamentarios dos oito anos de goberno de Feijóo, nos que os fondos destinados a favorecer o acceso á vivenda descenderon nun 85%, o BNG propón reactivar as políticas de alugueiro desde a Xunta, a constitución dun fondo social da vivenda como instrumento financeiro público e medidas fiscais que desincentiven o mantemento de vivendas baleiras”, dixo Noa Presas esta mañá nunha rolda de prensa na Praza da Ferrería, lugar onde o bipartito recuperou e rehabilitou hai anos unha serie de vivendas e onde inda hoxe segue sen actuarse sobre algunhas outras adquiridas daquelas pola Xunta e para as que o goberno de Feijóo non volveu mirar. 
O BNG propón crear un organismo público de vivenda en alugueiro, coa colaboración dos concellos, que administre unha bolsa de vivendas baleiras para polas a disposición das persoas con dificultades de acceso á vivenda. Tamén aposta no seu programa pola constitución dun fondo social da vivenda, “que sustentará as políticas públicas de vivenda ao tempo que permitirá protexer aos sectores máis vulnerables fronte as dificultades para acceder a unha vivenda digna”, explicou a candidata.
Presas recordou que hai unha bolsa importante de vivendas baleiras en mans de entidades financeiras que recibiron axudas públicas e que deberían aproveitarse para mellorar a oferta de vivendas. Ourense, 21 de setembro


 

O BNG aposta pola creación dun organismo público que xestione o alugueiro de vivendas baleiras