O BNG MOVILIZASE COA PLATAFORMA PROCAPD

Mobilización Plataforma ProCAPD
Mobilización Plataforma ProCAPD
O BNG MOVILIZASE COA PLATAFORMA PROCAPD

O BNG mobilizáse coa plataforma PROCAPD - Ourense para informar á veciñanza de Ourense da situación pola que está pasando este colectivo de nais e pais, despois de un ano de loita para conseguir un centro de atención a persoas con diversidade funcional , de xestión pública que integre centro residencial e centro de respiro familiar, ao igual que hai no resto de Galiza

A Plataforma PROCAPD denuncia á CONSELLERIA DE POLíTICA SOCIAL por :

“- Por manipularnos con falsas esperanzas

- Asinar un compromiso que non pensaba cumprir

- Enganarnos co número de prazas

- Enganarnos con xogos de palabras

- Prometer un centro pioreiro en Galiza pensando facer un unha CHAPUZA PARA GALIZA

- Faltarlle ao respeto aos nosos rapaces e rapaza, aos pais e nais e as Ourensas que nos apoiaron con 50.000 sinaturas

- Mentir, mentir e mentir votándonos a culpa aos pais e nais“

Por iso a plataforma fai un chamado a: “todos os Ourensáns que nos axudedes facendo forza ao noso carón na manifestación o día 2 de febreiro ás 20 horas” que sairá dende a Casa de Chocolate. E pasará os próximos días na rúa dando a coñecer esta situación.

Dende o BNG non podemos deixar de denunciar xa non só a actitude do PP na Xunta de Galiza se non tamén a diferentes concellos de Ourense gobernados polo PP.

O BNG presentou nos 92 concellos da provincia de Ourense mocións para esixir á consellería de política social da Xunta de Galiza o cumprimento do acordo que todas as forzas políticas asinamos antes das eleccións de Galiza, concretamente o 19 de setembro de 2016, e polo cal nos comprometemos todos os partidos políticos á construción deste centro nos termos que reclamaban as nais e pais.

A pesar das evidencias do incumprimento do acordo pola Xunta de Galiza, e da indignación dos pais e nais ante esta situación, non son poucos os alcaldes do PP da provincia de Ourense que se están negando a posicionarse na defensa dos dereitos da súa veciñanza, negándose a apoiar as moción que non fai máis que recoller un acordo que xa o seu partido asinou.