ANA PONTÓN, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, OFRECERÁ ESTE MARTES EN OURENSE UNHA CONFERENCIA NO FORO DE LA REGIÓN

Repensar o nacionalismo. O nacionalismo no século XXI no Foro de La Región

É necesario repensar Galiza como proxecto. Toca construír máis poder galego para reforzar o país e avanzar. Partindo dunha etapa inestábel, de mudanzas, na que todo o que parecía sólido demostrou non selo e na que varias xeracións descubriron que as bases do que parecía un futuro prometedor eran ficticias e pertencían a un relato que non se sostiña. Desde estas premisas, Ana Pontón explora o camiño do nacionalismo nestes próximos anos.

Repensar o nacionalismo. O nacionalismo no século XXI no Foro de La Región

Baixo o título O nacionalismo no século XXI, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, ofrecerá este martes en Ourense unha conferencia no Foro de La Región. Será ás 20.15 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. A charla coloquio estará presentada pola deputada por Ourense Noa Presas.

Hai uns días, nunha conferencia en Lalín, asegurou que estamos  nun momento clave e nun tempo de pensar que Galiza queremos. Neste sentido, explicou que vivimos como país unha etapa especialmente crítica no sentido etimolóxico do termo. “Unha etapa inestábel, de mudanzas, na que todo o que parecía sólido demostrou non selo tanto e na que varias xeracións descubriron que as bases do que parecía un futuro prometedor eran ficticias e pertencían a un relato que non se sostiña”. Na súa intervención, a líder nacionalista apelou a” abrir un tempo novo” para construír un horizonte que nos permita saír da crise provocada pola pinchada burbulla  e as consecuencias da ofensiva política contra ás maiorías sociais. Neste sentido afirmou que “abrir un tempo novo “non é simple un slogan marquetiniano. Estamos nun momento no que a política é máis necesaria que nunca, “a política de verdade, con maiúsculas,” a que sabe poñer os intereses do país por diante dos partidarios e enfocar o futuro con luces largas.