[ E ] Bea Fariñas: 'A acción política é unha ferramenta para transformar o mundo que vivimos'

[ E ] Bea Fariñas: 'A acción política é unha ferramenta para transformar o mundo que vivimos'

Bea Fariñas Garrote ten 24 anos e é do barrio de San Francisco. Estudou Tradución e Interpretación, emigrou na procura de traballo e hoxe de volta en Ourense fálanos de algunhas das propostas do BNG para facer de Ourense un Concello centrado en mellorar a vida das persoas.

bea_perfilO BNG quere Concellos para ser vividos, que significa?

Entendemos que a acción política é unha ferramenta para transformar o mundo que vivimos, tamén a nosa cidade. Traballamos para que as políticas municipais dos nosos concellos estean deseñadas por e para o ben das veciñas, para cubrir as súas necesidades e facerlle a vida máis fácil.

Pódese conseguir só dende o goberno municipal?

non, é imprescindíbel a participación cidadá. As veciñas e veciños de Ourense temos moito que dicir na cidade que queremos, e desde as corporacións municipais débense potenciar fórmulas para que poidamos opinar e decidir sobre as nosas necesidades e prioridades.

Cales son os principais retos?

Entendemos que vivimos nun momento de urxencia económica e social, onde o ataque ás competencias municipais en materia social realizado pola reforma local do PP pretende ocultar que os concellos son a primeira porta para a veciñanza contar con servizos que aseguren unha vida digna e a igualdade das persoas. O BNG loita por combater isto e por defender concellos que traballen para ofrecerlle á veciñanza servizos que combatan a pobreza e as desigualdades sociais.

O BNG puxo en marcha algún na súa etapa de goberno, cal?

O BNG elaborou o primeiro plan Equidade dunha cidade galega, puxo en marcha o proxecto de alimentación sostible e recuperación de terreos no perímetro rural chamado Como Ourense, promoveu a creación dos Centros Cívicos, creou a Casa da Mocidade -que o goberno do PSOE nunca abriu- ao seu paso polo goberno mas tamén fixo moito dende a oposición.

Que se fixo dende a oposición?

Impulsamos que Ourense entrara na rede de Cidades Amigábeis coas persoas Maiores-o PSOE logo desactivou o proxecto- e que o pleno expresase a vontade de facelo na de Amigas da Infancia, promovemos a creación da Comisión contra os Desafiuzamentos, que tamén acabou deseactivando o PSOE.

bea_webAllariz, Pontevedra, Tomiño, son exemplos amplamente recoñecidos da xestión do BNG, pódese facer en Ourense, como?

Co BNG no goberno. Transformamos Allariz, convertemos Pontevedra nun referente internacional, mudamos a vida das veciñas de Tomiño, abrimos os orzamentos participativos en San Sadurniño, estamos transformado a vida das veciñas de Carballo. E fumos o motor do goberno en Ourense durante a etapa na que tivemos responsabilidades. Para o BNG o primeiro son as persoas, e dende aí contruímos a política institucional e traballamos pola soberanía de Galiza.

Que pode facer o Concello polas afectadas por desafiuzamentos?

O primeiro que pode facer é non mirar para outro lado e implicarse políticamente na defensa do dereito á vivenda, non facer como que non vai con él a cousa que é o que fai o PSOE. E logo hai múltiples iniciativas que o BNG esta facendo onde goberna, dende comisións que traballan cos axentes sociais para dar soporte e procurar vivendas a baixo prezo ao que facemos en Carballo: o goberno paga luz e auga e facilita que propietarias aluguen a baixo custe, uns 100 ou 150€

Fálase moito da recollida do lixo, os contentores soterrados que están sen arranxar. O BNG propón saír do modelo SOGAMA, como?

Apostando por alternativas como a reciclaxe da materia orgánica, a compostaxe e a recollida selectiva "porta a porta”, todas elas opcións ambientalmente máis sustentábeis mais non só, xa que tamén se trata de opcións máis viábeis economicamente e favorecedoras da creación do emprego local.

O Concello ten un grave problema co transporte, como se resolve?

Optando por un modelo integral e racional de desenvolvemento urbano, contemplando a cidade como unha grande comunidade veciñal que, para garantir a súa calidade de vida, debe poder estar interrelacionada. Para iso cómpre mellorar a rede de transporte publico e traballar porque o transporte colectivo sexa o prioritario, camiñando cara un concello con menos coches e máis espazo para @s peóns, seguindo modelos como o de Pontevedra.

5 asasinatos machistas nun día, que pode facer un Concello en temas de igualdade?

Moito, é fundamental que se comprometa coa denuncia e visibilización constante deste tipo de situacións e que ademais dote á cidade de ferramentas para o seu combate, desde a formación en igualdade desde idades temperás a recursos de prevención ou protección, como as casas de acollida, que podería xestionar directamente. Tamén pode impulsar e apoiar a economía social e outras iniciativas que incorporen a

perspectiva de xénero no seu funcionamento e Impulsar actuacións dirixidas a garantir o acceso e a permanencia das mulleres no mercado de traballo en condicións de igualdade.

candidaturaO BNG apostou polo deporte base na súa etapa de goberno, que quedar por facer?

Desafortunadamente, aínda moito. Desde o BNG entendemos que o deporte é un piar do benestar e do dereito social para as persoas, con independencia da idade, do xénero, de posíbeis discapacidades, etc. Cómpre garantir que desde as institucións se aposte polo deporte de base colaborando coas asociacións e equipas da cidade para redistribuir e potenciar os recursos e favorecer a súa actividade.

Ourense xa é unha cidade libre de circos con animais grazas a unha proposta do BNG, que máis propoñen?

Apoiamos, por exemplo, as medidas propostas pola Plataforma Galicia Mellor sen Touradas, apostando por declarar Ourense como cidade contraria ás corridas de Touro. Entendemos que un mundo mellor pasa necesariamente por outra forma de entender o coidado da natureza e dos animais, hai moitas cousas que se poden facer nunha cidade para mellorar a vida dos animais e regular a súa convivencia coas persoas.

Para rematar, que aporta vostede á candidatura do BNG?

Ao igual que o resto das compañeiras compromiso e honestidade co traballo, nós non prometemos que transformar a cidade vaia ser fácil mas como comentei antes o BNG ten ampla experiencia de goberno en moitas cidades do país e coa confianza da cidadanía e a súa implicación podemos facer de Ourense un referente en calidade de vida como fixemos con Allariz, Pontevedra ou outras vilas. Somos sen dúbida a forza máis transformadora que hai en Galiza, o noso traballo demóstrao.