O BNG denuncia os ataques a Susana García nun debate de Tv con Gonzalo Jácome

O BNG denuncia os ataques a Susana García nun debate de Tv con Gonzalo Jácome

“Que pasaría se dixera que é unha persoa que traballou cinco anos nunha barra americana como prostituta?”, Pérez Jácome de DO

Susana García: “Non me insulta a min só, insulta a todas as mulleres”

Carme Adán: “A violencia de xénero empeza polos insultos, estamos fartas”!

11329957_10202795910457941_2943489697581852160_nOurense, 22 de Maio 2015.- O BNG considera intolerables os ataques machistas a candidata a alcaldía de Ourense, Susana García, que onte foi tildada de “prostituta” nun debate de televisión ao que asistía xunto cos candidatos do PP, Jesús Vázquez, do PSOE, José Angel Vázquez Barqueiro, e Pérez Jácome, de Democracia Ourensana quen, ao inicio do debate arremetía contra a candidata nacionalista.

“Que pasaría se dixera que esta persoa traballou cinco anos nunha barra americana como prostituta?”, espetaba Pérez Jácome, tras cualificar a Susan García de “mosquita muerta” e “mala persoa”.

“Non é un insulto a Susana García candidata do BNG, é un insulto a todas a mulleres que estamos en política e ao conxunto das mullere, e queremos facer un chamamento a toda a cidadanía de Ourense para que reflexione se unha persoa que exerce a violencia machista insultando as mulleres pode ter representación no Concello de Ourense”, alegaba a candidata.

García fixo un chamamento aos candidatos do PP e do PSOE para que “expresen a súa condena” ante estes insultos machistas e pregunta a Jesús Vázquez “se estaría disposto a chegar ao goberno pactando con Democracia Ourensana, cun candidato que practica a violencia machista.

“Queremos pedirlle ás mulleres de Ourense, pero tamén aos homes, que non voten a unha persoa que nos insulta a todas. Non BNG non o imos permitir e seguiremos loitando pola igualdade”, subliñou Susana García.

Nin unha machistada máis!

A candidata fixo estas declaracións arroupada polas deputadas Tereixa Paz e Carme Adán. “Que democracia é esta que se permite insultar ás mulleres Alarmámonos cando hai un morte por violencia de xénero, pero quero dicir que a violencia de xénero empeza polos insultos, estamos fartas de que se nos insulte impunemente, non aceptamos unha machistada máis”, denunciou Adán.