O compromiso do BNG-AA é coas persoas, o investimento social e a loita contra a pobreza

O compromiso do BNG-AA é coas persoas, o investimento social e a loita contra a pobreza

A Rede Galega Contra a Pobreza e a Exclusión Social ven denunciando a situación extrema na que se atopan miles de galegas e galegos. Hai a día de hoxe 127.233 persoas en situación de privación material severa, o que significa que non teñen garantidas sequera dúas comidas ao día.

En Ourense a situación non é mellor, existen 25.000 persoas en risco de exclusión social e as institucións carecen do investimento social necesario para facerlle fronte. Na Deputación de Ourense o gasto real por persoa son 10€ ao día fronte aos 27€ da Deputación de Lugo e a nivel municipal o Concello de Ourense non pasa dos 86€ en políticas sociais fronte aos 157€ de Lugo, por pór só dous exemplos significativos.

IMG_4062O BNG-Asembleas Abertas leva no seu programa electoral numerosas medidas para a protección das persoas en risco de exclusión e para traballar en alternativas que permitan que estas persoas podan acceder ao mercado laboral e abandonar as situacións de risco. Propostas como un plan de choque contra a pobreza, Programas de intervención comunitaria en barrios con especial problemática social, o incremento dos orzamentos para Emerxencia Social e un Plan de Inclusión Social do Concello de Ourense

Ademáis destas propostas as candidatas do BNG-Asembleas Abertas comprométense coas reclamacións da Rede Galega Contra a Pobreza e a Exclusión Social a pasar dos actuais 86€ ao ano en investimento social a 109€, a realizar un plan de actuación para as persoas en risco de exclusión social a longo prazo co obxetivo de reducir un 15% o número das persoas que hoxe estan en exclusión social. Ademáis o BNG-Asembleas Abertas traballará na coordenación dos diferentes servizos para que exista unha maior eficiencia na atención das necesidades das persoas en risco de exclusión e na coordenación coa Xunta de Galiza e coa FEGAMP.

Ourense 30 de maio de 2015