O Concello de Ourense non debe asumir a débeda do COB en ningunha porcentaxe

O Concello de Ourense non debe asumir a débeda do COB en ningunha porcentaxe

Na cidade galega con maior índice de pobreza e exclusión social, que acada ata o 23% das veciñas de Ourense. Na provincia con salarios e pensións máis baixos do estado e tamén co maior número de parados do estado, é unha auténtica provocación que o alcalde aprobe en xunta de goberno 1,5 millóns para financiar a un equipo deportivo profesional. Sobre todo cando afirmou que non tiña cartos nin para cambiar unha baldosa.

Ante unha situación de emerxencia social como a que vive a cidade hai medidas prioritarias que se poden facer con 1,5 millóns de euros. A primeira delas pagar a débeda comedor social de Ourense, podense poñer en marcha ate 2000 axudas sociais de emerxencia, podese financiar o plan de empego que xa no seu dia presentou o BNG. Mesmo se podría ter solucionado o problema dos terreos de Bemposta. Canto máis se a Diputación vai activar outro 1,5 millóns de euros para facer fronte ás necesidade COB, en total 3 millons de euros dos fondos públicos. A nosa posición é a que defendemos sempre. Non asumir a débeda do COB en ningunha porcentaxe, e que a Deputación e concello de Ourense se desfagan das particiapcións do clube. Xa no seu día o BNG puxo, en asemblea do COB, as accions a disposición das socias do clube, e inda agora non se recibiu nin unha oferta de 1 euro por algo que o PP xa aprobou en xunta de goberno dar 1,5 millons de euros eo PSOE 600.000 euros.

Carece de sentido que institucións públicas participen e financien equipas deportivas profesionais.