Insistimos na xestión pública da praza de abastos de A Ponte vinculada ao Come Ourense

Insistimos na xestión pública da praza de abastos de A Ponte vinculada ao Come Ourense

Despois da solemne inauguración da praza de abastos de A Ponte, a obra segue sen estar recpecionada, os pregos sen redactar e a finalidade sen definir por parte do equipo de goberno. Para o BNG o acto de onte foi electoralismo puro porque nin o PSOE nin o PP teñen proxecto para darlle contido ao edificio.

IMG_3144No pasado mes de maio e ante o inmiente remate das obras, o grupo nacionalista presentaba unha moción na que pedía que se iniciara o procedemento para a concesión directa dos postos ou ben a indirecta mediante concesión a coperativa, asociación ou calquera outra fórmula que aglutinara as-os comerciantes deste mercado. Valíanos calquera das dúas fórmulas sempre que a xestión fora pública. Porén, a nosa inciativa causou malestar no grupo de goberno que dixo estar xa traballando nos pregos e polo tanto solicitou a retirada da moción que foi apoiada polo PP. Oito meses despois, apunta Susana García, seguen redactando os pregos e cada día que pasa pérdese unha das poucas oportunidades que temos de pór en marcha un proxecto dinamizador.

Ante a falla de iniciativas por parte dos outros grupos, o BNG presentará o seu que consiste en vincular a xestión pública da praza de A Ponte co proxecto Come Ourense, un proxecto transversal que implica a varias concellarías e que faría desta praza un espazo singular onde vender e comprar produtos ecolóxicos, desenvolver actividades formativas ou feiras. Ademais das concellarías de Promoción Económica e Medio Ambiente tamén implicaría a Educación, Cultura e Turismo.

Segundo a concelleira Ximena González non vale con copiar mimeticamente modelos de grandes cidades (na inauguración falábase do mercado de San Miguel en Madrid) , debemos apostar por un modelo propio e especializado que xere emprego de calidade e impulse varios sectores.A praza debe ser un espazo de referencia dunha producción e alimentación sustentábel. A proposta do BNG é concreta, factíbel e pode porse en marcha a curto prazo polo que esperamos o apoio do resto dos grupos.