Mellorar a calidade de vidas d@s veciñ@s de Ourense pasa por activar o emprego

Mellorar a calidade de vidas d@s veciñ@s de Ourense pasa por activar o emprego

As políticas do BNG-Asembleas Abertas en materia de emprego son diametralmente opostas ás practicadas polo Partido Popular e hoxe quixemos, dunha maneira simbólica, coa instalación dunha oficina de colocación ás portas da Deputación de Ourense, denunciar, mais unha vez, o uso partidario das contratacións levadas a cabo polos gobernos do PP en toda Galiza, e nomeadamente na provincia de Ourense. Mentres o paro en Galiza segue a medrar -275.800 persoas desempregadas segundo datos do primeiro trimestre de 2015- mentres @s moz@s teñen que emigrar, seguen a aumentar os parad@s de longa duración, mais veciñas e veciños se atopan en risco de exclusión social, o Partido Popular segue recorrendo aos enchufes para manter a rede clientelar e caciquil que tan bos réditos electorais lle leva dando en Ourense. O último exemplo viámolo esta mesma semana cando @s nacionalistas de Barbadás denunciaban que o rexedor, Freire Couto, facía fix@s a 50 traballador@s que entraran como persoal temporal nun proceso onde non se cumpriran os principios básicos de igualdade, mérito e capacidade.

IMG_4058

Por moito que se empeñen en ocultalo, ésta é a realidade que padecemos. O candidato do BNG-Asembleas Abertas, Xosé Lois Freire, daba conta das cifras desoladoras que poñen a Ourense á cabeza do desemprego “94.000 familias con tod@s @s seus membros desempregad@s, delas 12.800 en Ourense; 672. 124 persoas en risco de pobreza, das que o 23,2% viven en Ourense. Tamén as mulleres son son especialmente víctimasdas políticas de recortes executadas nos últimos anos, de cada 100 contratos novos, só o 36,7% foron asinados por mulleres dende o ano 2011 e ademais, o 73% son precarios”.

Tanto o Partido Popular como o PSOE tiveron a oportunidade de frear o desemprego en Ourense si apostaran polo Plan de Emprego que se aprobou no Concello a iniciativa do BNG. Uns por desidia e outros por boicot deixaron morrer un programa de medidas que permitirían activar o emprego. Pero aínda están a tempo, a candidata Susana García pedíalle hoxe a Jesús Vázquez que apremiara ao presidente da Xunta para que se dictaran os informes preceptivos deste plan e así poñelo en marcha o antes posíbel.

Susana García, declarou que son imprescindíbeis compromisos firmes e accións urxentes para loitar contra o desemprego. O modelo do BNG-Asembleas Abertas aposta por desenvolver políticas que fomenten o emprego de calidade, o reparto xusto da riqueza -cun sistema fiscal máis xusto e progresivo- e medidas que freen o aumento de persoas en situación de pobreza e de exclusión social.

Crear emprego é unha prioridade para o BNG-Asembleas Abertas e dentro deste compromiso Susana García destacou algúns dos obxectivos que nos marcamos no programa electoral, a saber, cláusulas sociais en toda os contratos que faga o concello para garantir os dereitos d@s traballador€s e promover un emprego estábel e digno; favorecer o emprendemento feminino e o acceso das mulleres de colectivos desfavorecidos a empregos de calidade; promover convenios de colaboración coa Universidade de Vigo, a Cámara de Comcercio, a CEO e outras administracións públicas para desenvolver inciativas que xeren postos de traballo; plan de choque contra o desemprego xuvenil; elaboración de programas de formación para desempregad@s con dificultades particulares ou en risco de exclusión; apoiar inciativas de intercambio e troco; fomentar o cooperativismo; liña de microcréditos e espazos municipais de coworking para proxectos empresariais e de autoemprego promovidos por mulleres, mocidade e/ou persoas con discapacidade ou campañas de sensibilización no ámbito laboral para combater o acoso laboral LGTBIfóbico.

Mañá, Primeiro de Maio, o BNG-Asembleas Abertas estará na rúa coa clase traballadora para reivindicar unha sociedade máis xusta, libre e igualitaria e isto pasa, evidentemente, porque todas as administracións tomen conciencia de que a loita contra o desemprego é unha medida prioritaria nas axendas políticas das institucións.

Mellorar a calidade de vidas d@s veciñ@s de Ourense pasa por activar o emprego