Pedimos o compromiso das institucións para salvar o Centro de Emprego Aspanas Termal

Pedimos o compromiso das institucións para salvar o Centro de Emprego Aspanas Termal

O Centro Especial de Emprego, Aspanas Termal, ven negociando desde fai case un ano coa Xunta actuacións para garantir a súa viabilidade e o mantemento dos postos de traballo. Nese marco había compromisos por parte de Aspanas e tamén por parte da Xunta anque, lonxe de arranxarse, a situación viuse agravada por decisións e actuacións do goberno galego que se concretan en tres ámbitos:

· Produciuse unha intervención de facto da Xunta de Galiza no Centro Especial de Emprego sen que se producise ningunha achega de cartos públicos.

· Os retrasos da Xunta de Galiza na resolución das ordes de saneamento financeiro e unidades de apoio, que tiña que ser resolto antes de fin de outubro de 2014, fixo que se incorrese en máis perdas.

· Instouse á dimisión da Xerente e Administradora.

IMG_3222

Esta mañá , as deputadas Carme Adán e Tereixa Paz, xunto coa concelleira Susana García mantiveron unha xuntanza con empregadas-os e comité de empresa de Aspanas Termal e acordaron un plan de actuación que Carme Adán explicaba e que se circunscribe a tres accións:

1.- Que se constitúa un grupo de traballo entre todas as administracións (Deputación, Concello de Ourense e Xunta de Galiza) procurando a adhesión de empresas e fundacións para facer un fronte común que garanta a viabilidade de Aspanas Termal.

2.- Este grupo de traballo deberá desenvolver as seguintes actuacións:

· Estudar a situación real de Aspanas Termal partindo do plan de viabilidade do mes de xullo, e analizando especialmente a situación que se provocou a partir de novembro, e establecer as medidas necesarias para encamiñar e manter o CEE así como as achegas e actuacións a realizar por cada unha.

· Establecer as medidas de carácter inmediato para evitar a entrada en concurso de acredores. Para iso garantir a liquidez inmediata, en contía suficiente, para garantir os pagos apremiantes.

· Que o Concello de Ourense inicie os trámites para a cesión do camping municipal de Untes por 50 anos, en base á utilidade social da entidade

· Nomear unha persoa que asuma asuma as responsabilidades de xeremte e administrador co respaldo de todas as administracións e entidades comprometidas na solución de Aspanas Termal

3.- Que todo este proceso se realice coa máxima participación e transparencia, exercendo un control estrito en relación co uso adecuado dos fondos públicos. Esta participación referirase tanto ao Comité de empresa como ao ámbito parlamentar.

Apuntaba Carme Adán que o obxectivo central debe ser o de garantir o dereito a un posto de traballo ás persoas con discapacidade e, neste senso, Aspanas Termal é o único centro especial de emprego de Ourense que ten ademais declarada a súa utilidade pública e imprescindibilidade social.

Pola súa banda, Susana García anunciaba que se lle trasladará ao equipo de goberno esta proposta para que se implique e entre todas as administracións tomar medidas de carácter inmediato para evitar a entrada en concurso de acreedores. Tamén retaba ao alcaldábel, Jesús Vázquez, a resolver esta situación antes de deixar as súas responsabilidades no goberno galego.

Pedimos o compromiso das institucións para salvar o Centro de Emprego Aspanas Termal