Pedimos que se creen os distritos para que a cidadanía participe directamente na xestión municipal

Pedimos que se creen os distritos para que a cidadanía participe directamente na xestión municipal

Co obxecto de que as veciñas e veciños teñan unha participación directa no reparto orzamentario dos investimentos, o BNG proporá no pleno do venres a creación dos distritos. Como apuntaba a concelleira, Ximena González, o que pretenden @s nacionalistas é favorecer que as decisións importantes sexan participadas pola cidadanía.

IMG_2845

Para o BNG non se trata tanto dunha oportunidade para descentralizar servizos, algo que hai que estudar, senón dun xeito de achegar ás veciñas e veciños á xestión municipal abrindo un novo cauce de participación e toma de decisións no que os barrios cobren o protagonismo.

Na presentación da moción estaban represantes veciñais das asociacións de A Ponte, Castro de Beiro, Carlasca, Anacos da Cidade e Agrupación Miño, entre outras, que lle pediron aos grupos políticos que apoien esta proposta ao tempo que lembraron que hai anos que levan pedindo a modificación do regulamento de participación cidadá para que non sexa “tan caro falar nos plenos ou presentar unha proposta”.

Os distritos permitirían facer un reparto orzamentario máis equitativo entre os barrios dado que cada un tería asignada unha porcentaxe do orzamento e serían os propi@s veciñ@s deses distritos quenes determinarían en qué investir os cartos, dado que debe ser a cidadanía a que decida sobre os asuntos de calado e o futuro da cidade.

Nestes momentos, só se adican a orzamentos participativos 105.000 €, unha cantidade ridícula si temos en conta que o Concello manexa case 100 millóns de euros.

Ximena González manifestaba que a creación dos distritos era o primeiro paso doutras medidas que o BNG quer impulsar para aumentar a participación cidadá. Tanto na elaboración do PXOM como na modificación ou redacción de ordenanzas ou na aprobación dos orzamentos, @s nacionalistas sempre contamos coa opinión do movemento veciñal máis tamén é precisa a súa participación directa na vida municipal por isto o BNG manterá unha xuntanza nos próximos días para artellar outros mecanismos de participación máis doados para as veciñas e veciños de Ourense.