Pedimos un plan de mantemento e conservación do patrimonio arbóreo

Pedimos un plan de mantemento e conservación do patrimonio arbóreo

O BNG considera as árbores como unha parte do patrimonio colectivo e casos como a recente poda extrema que sufriron as árbores da Praza das Mercedes ou o das árbores do parque do Pazo de Xustiza; os chopos da rúa doutor Temes que se cortaron a pesar de que soamente un deles estaba enfermo ou os cipreses da rúa Barros Sibelo, evidencian unha nula preocupación do PSOE polo desenvolvemento de políticas de conservación e protección dese patrimonio natural.

Isto ocasiona a enfermidade irreversíbel de moitas das nosas árbores que desemboca en cortas e podas se non se toman medidas urxentes para a conservación e protección do patrimonio arbóreo do Concello de Ourense.

O BNG solicitará no pleno do vindeiro día 9 que se realice un estudo da situación das árbores para elaborar un plan de mantemento e conservación no que participen as organización ambientais da cidade e sirva de punto de partida para a posterior catalogación do patrimonio arbóreo de Ourense. Solicitará, así mesmo, que no caso en que sexa necesaria a substitución de árbores enfermas, esta se faga mediante especies autóctonas.

Pedimos un plan de mantemento e conservación do patrimonio arbóreo