Poremos en marcha un Plan Municipal de alugueiro social para persoas desafiuzadas

Poremos en marcha un Plan Municipal de alugueiro social para persoas desafiuzadas

O BNG propón iniciar a primeira fase dun Plan Municipal dirixido a pór a disposición d@s veciñ@s afectad@s por desafiuzamentos vivendas de alugueiro social a través de incentivos para que as propietarias-os das vivendas baleiras as poñan en alugueiro social. Pola súa banda, o concello comprometeríase a devolvelas en 2 anos en mellores condicións das que as recibe e asumindo a través dunha partida específica o pago do IBI, luz e gas.

IMG_3692

Na Comisión Contra os Desafiuzamentos, creada no Concello de Ourense a instancias do BNG propúxose crear unha bolsa de vivendas con alugueiros sociais para afectadas-os por despexos porén, como apunta a concelleira Ximena González nunca chegou a crearse e a Comisión non tivo continuade pola incapacidade de xestión e a escasa implicación do goberno socialista

Hoxe estamos na zona histórica nun dos edificios comprado pola Xunta no ano 2009 destinado a vivenda de protección oficial e pedimos, como apunta Noa Presas, candidata do BNG-Asembleas Abertas, que se incien as obras para que, o antes posíbel, as persoas desafiuzadas poidan ter unha vivenda donde realoxarse. Noa Presas explicaba que Ourense lidera a media estatal de vivendas deshabitadas cun 22, 7%.

A Xunta, no ano 2012, prometía 500 vivendas de protección pública para persoas desafiuzadas. Porén, a realidade que viviu María Pérez -desafiuzada hai un mes da sua vivenda no barrio de A Ponte- demostrou que os anuncios do goberno galego son pura propaganda. Tivo que ser a Plataforma Stop Desahucios quen lle buscara un piso para realoxarse dado que a solución que lle ofertaban dende a Xunta era unha vivenda en Carballeda de Valdeorras e Castro Caldelas. O mesmo que se lle ofreceu a outras afectadas-os cando o programa que prometía a Xunta dicía que poderían acceder aos pisos propiedade do Instituto Galego de Vivenda e Solo que estiveran próximos aos seus domicilios e se esa proximidade non existía daríaselles a opción de acceder a un arrendamento a baixo prezo. Na cidade de Ourense hai 14.000 vivendas baleiras polo que, como anunciaba Noa Presas, os incentivos para as propietarias-os é a solución máis ràpida e sinxela para dar solución inmedidata aos desaloxados. O BNG pide que este Plan Municipal se poña xa en marcha e no caso de non facelo será unha das primeiras medidas que poremos en marcha no próximo mandato.

O BNG tamén pedirá no pleno que se inste á Xunta a cumprir os compromisos de pór a disposición das afectadas-os vivendas de protección social no municipio de Ourense rehabilitando os dous edificios destinados a este fin e que se emprazan na zona histórica da cidade.