Quedou expropiado o solar de As Burgas

Quedou expropiado o solar de As Burgas

Como xa fixeramos no ano 2007 declarando na Xunta a zona de As Burgas como Ben de Interese Cultural e no 2013 solicitando a expropiación dos terreos pola súa utilidade pública e o seu interese social, hoxe o BNG colocou un cartel no que declaraba o solar de As Burgas propiedade das veciñas e veciños de Ourense.

IMG_3541q

Agora a xustiza coincide co planteado polos nacionalistas e avala a decisión de expropiar os terreos nunha sentenza contundente na que declara a natureza singular e excepcional dende a perspectiva urbanística, patrimonial -pola declaración de BIC- e ambiental e ademais require unha urxente e prioritaria intervención da iniciativa pública.

A voceira e candidata nacionalista, Susana García, criticaba o posicionamento do PP e do PSOE con respecto a este lugar emblemático para a nosa cidade. Lembraba que o PP permitiu que Xardín das Burgas comprara os terros por 480.000 €. Logo recalificaron o solar co que o valor chegou a taxarse en 16 millóns de euros, que foi o que pediu a empresa cando se declarou o BIC.

A actuación do goberno socialista tamén merece un suspenso xa que logo de aprobarse a moción do BNG na que solicitaba a expropiación o PSOE deixou caducar dúas veces o expediente, aprobou unha modificación orzamentaria de 1,6 millóns de euros para pagar as expropiación e a día de hoxe non dispón dos cartos por non ter aprobados uns orzamentos para o exercicio 2015.

Hoxe, con este acto simbólico, queremos reivindicar, máis unha vez, que a zona de As Burgas é propiedade de todas e todos os ourensáns, que o pobo saiba que o pesadelo do hotel de 19 alturas rematou e que para o BNG non hai máis opción para este espazo que obter un equipamento termal que permita aproveita-las augas quentes do lugar para disfrute e xerador de riqueza en beneficio de todas as veciñas e veciños de Ourense.