Queremos que a cidadanía achegue propostas á nova concesión de bus urbano

Queremos que a cidadanía achegue propostas á nova concesión de bus urbano

Aproveitando que a concesión do transporte urbano remata no mes de maio, o BNG quer que se abra un prazo de consulta e achegas dos grupos políticos e do conxunto da cidadanía aos pregos da nova contratación. As-os nacionalistas preferirían que se estudara a posibilidade de remunicipalizar o servizo dado que resultaría máis barato para as arcas municipais e melloraría a calidadade. Porén, si esta opción se desbota é fundamental que os pregos do novo contrato contemplen melloras que abarcan dende a ampliación de liñas aos barrios periféricos e parroquias rurais, liñas que cheguen a todas as dotacións culturais, sociais e deportivas -pavillón de Os Remedios, Auditorio, etc-, definir rutas que permitan programas escolares para alixeirar o uso de vehículos particulares, emprego de buses ecolóxicos e melloras na accesibilidade para persoas discapacitadas.

IMG_3219

Explicaba a concelleira Susana García que o modelo de mobilidade polo que aposta o BNG é aquel no que a prioridade sexan os peóns e despois o transporte colectivo. Para isto tamén haberá que ter en conta a futura implantación do transporte metropolitano todo elo dentro do modelo de mobilidade sustentábel. A administración debe promocionar o uso de transporte público e de medios non contaminantes como a bicicleta e o transporte a pé. Elo só pode acadarse si o servizo de bus é eficiente e práctico para as usuarias-os. Apuntaba Susana García que en moitos casos nin hai que ampliar liñas, simplesmente chega con modificar percorridos deseñando liñas circulares que interconecten barrios coas zonas de servizos públicos.

En canto ao tema de accesibilidade, xa no mes de xuño levamos a pleno unha proposta para que as asociacións e colectivos que traballan neste ámbito fixeran achegas aos pregos co obxectivo de garantir que se contemplen todas as necesidades das persoas con dificultades de mobilidade.