[ E ] Xosé Lois Freire "o Concello debe ser un axente activo no impulso da creación de emprego"

[ E ] Xosé Lois Freire "o Concello debe ser un axente activo no impulso da creación de emprego"

Xosé Lois Freire é de Seixalbo, ten 64 anos e dende os anos 90 a hoxe foi un incansábel loitador polos dereitos das traballadoras como delegado da CIG.

Dende a túa visión sindical como ves o momento actual?

A situación nestes momentos dende o punto de vista sindical, das traballadoras, é feble pois as políticas de recortes atacan os dereitos das traballadoras e obrigan a adicar o tempo todo e os recursos a vivenda, familia, a vivir vamos, e a xente atopa moitas dificuldades para manter a súa afiliación e debilita a loita colectiva dende o mundo do traballo. Preocúpame que o sistema faga que moitas traballadoras coñezan con detalle os contratos dos futbolistas e ignoren as súas condicións de traballo.

5En contraste con isto é momento no que máis necesaria se fai a afiliación, a organización e a loita sindical, unha prioridade para as que cremos na defensa dos dereitos das traballadoras.

O PP di que a economía mellor mas existe unha preocupación de primeira orde sobre o emprego á que o BNG sitúa como prioridade de goberno, como afecta isto a Ourense?

Comparto totalmente a idea non só polos datos dos organismos oficiais senón porque coñezo a realidade do mundo do traballo deste concello. Os datos son preocupantes e ademáis estamos na provincia que máis poboación perde.

Destrúese o pouco emprego que había, empeoran as condicións do escaso emprego que hai e malia que hai loitas e victorias no campo sindical a situación é alarmante.

O emprego é unha competencia da administración central e da Xunta de Galiza, que se pode facer dende un Concello?

É certo que a competencia de creación de emprego é da Xunta de Galiza e da inspeción de traballo na administración central. Nós como nacionalistas reclamamos un marco galego de relacións laboral, se o conseguisemos poderíamos paliar moitas destas situacións. Estamos falando de competencias plenas na Seguridade Social e na inspección de traballo. Estase baleirando de capacidade sancionadora as compentencias da inspección de traballo e iso provoca que os traballadores esten maís indefensos diante dos empresarios.

Fronte a todo isto, e a pesar da situación temos claro que o Concello de Ourense, malia aos recortes das leis de racionalización, debe ser un axente activo no impulso da creación de emprego. Primeiro colocando todas as medidas e asignando todos os recursos que sexan necesarios en velar que non se destrúa o actual emprego e impulsando dende as competencias propias a creación de postos de traballo. Unha das formas é asumir servizos que neste momento están privatizados. Sabemos que as leis de PP e PSOE tentan impedir este rescate dos servizos pero tamén sabemos que hai mecanismos para facelo posible.

IMG_3631Rescate dos servizos, proposta clave do BNG, como?

Establecendo en primeiro lugar unha orde de prioridades. Hai servizos esenciais para a vida que teñen que ser públicos. Todo o mundo ten dereito a un auga de calidade e a prezos xustos, todo mundo ten dereito ao suministro de enerxía eléctrica, aos servizos sociosanitarios de calidade como a recollida de lixo e a vivir nun ambiente limpo e sustentábel . E non poden ser un negocio en mans de empresas privadas que especulan con eles. Empresas que ademáis sempre van a prestar un peor servizo, con menos calidade, con peores condicións para as traballadoras e que procuran o maior beneficio ao menor custe.

Nos primeiros seis meses no goberno auditaremos todos os servizos que presta o Concello coa finalidade de avaliar a súa situación, custe r asignación de traballadoras para elaborar un plan e un calendario de rescate dos servizos. Paro nós son prioritarias a auga, o transporte público, recollida do lixo e o coidado dos espazos naturais.

Este mes de maio remata a concesión do transporte público, que propón o BNG?

Os tempos dificultan o rescate inmediato porque hai que prestar o servizo e necesitamos tamén facer unha avaliación das necesidades e do modelo que queremos implantar dende o BNG.

A nosa proposta inmediata é solicitar unha prórroga da contrata actual para analizar o rescate, a medio prazo é imprescindíbel que a proposta sexa pública, no traballo diario coas veciñas detectamos insuficiencias, necesidades novas, cómpre mellorar moitos servizos, moitas liñas etc. Queremos que elas participen do deseño do novo servizo.

Falamos do emprego como máxima preocupación da cidadanía, cales son as propostas concretas do BNG para actuar dende o Concello nesta materia?

Hai un Plan de Emprego deseñado, apoiado por sindicatos e axente ssociais, que conseguiu o consenso da sociedade ourensana, que xa ten unha asignación orzamentaria de 3 millóns de euros e que PP e PSOE poñen o máximo empeño para impedir que se poña en marcha. Esta vai ser a primeira medida do BNG no goberno, unha prioridade que non descansaremos ata pór en marcha.

IMG_3606Desta medida teñen que saír xa novos postos de traballo que teñen que xerarse preferentemente entre a mocidade e novas iniciativas nos sectores estratéxicos: termalismo, atención á dependencia, cultura e atención aos sevizos esenciais dos máis desfavorecidos.

Ourense é unha cidade de cultura e a cultura é un motor de xeración de riqueza, ao tempo que potencia os nosos sinais de indentidade crea postos do traballo, a aposta polas novas creadoras e as empresas do sector é outra das prioridades do BNG.

Outra prioridade nesta materia é o Plan de choque contra o desemprego xuvenil que inclúa programas de emprego específicos; bolsas municipais para titulad@s para a posta en marcha de proxectos de especialización, exportación e innovación da economía local; axudas económicas para o retorno da mocidade emigrada, e a creación dunha Rede municipal de empregabilidade xuvenil que xestione, en colaboración co Servizo galego de colocación e unha bolsa de ofertas de traballo.

Cando falamos de emprego, tamén hai que falar das condicións dese emprego, cal é a proposta do BNG?

O BNG-AA vai levar a loita sindical e polos dereitos da traballadoras a acción do goberno no Concello. Temos claro que hai que ir a un reparto do traballo que pule polas 35 horas semanais, faremos dende o Concello todo o que sexa posíbel para dar esta batalla. A nosa proposta de reorganizar o personal do Concello para axustar os servizos é tamén unha loita polos dereitos das traballadoras, acabar coas horas extras e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.

Crearemos o Observatorio Local das Condicións Laborais, con participación das organizacións sindicais e empresariais da cidade. O Observatorio despregará programas propios de inspección e supervisión das condicións laborais, en colaboración cos sindicatos, sobre calquera actividade que conte con financiamento municipal ou que sexa obxecto de contratación pública do Concello, incluídas as concesionarias de servizos municipais. Será o organismo encargado de fiscalizar o cumprimento das cláusulas sociais antes referidas. Promoverá tamén a reactivación da negociación colectiva, promocionará a sindicalización d@s traballador@s e desenvolverá campañas informativas en materia de dereitos laborais.

9346661322_40c567fd54_oO BNG-AA leva en postos destacados da candidatura a persoas que coma ti, teñen participado activamente en importantes conflitctos sindicais defendendo ás traballadoras, cóntanos a túa experiencia.

Un exemplo da importancia de como unha loita sindical das traballadoras pode incidir na vida de todas foi o conflito de OTECA, unha empresa de obra civil que retrasou os pagos ás traballadoras. Puxemos unha pala e un camión no que hoxe é a rúa do Paseo cortando o tráfico durante un mes de Concordia a Bedoya, de ali a pouco de abrir o corte decidiuse peatonalizar ese tramo da rúa. E gañamos o conflito.

O conflito de T-Solar foi unha loita das traballadoras na que participei activamente, estiven pechado c@s compañeir@s máis dun mes e no que desgraciadamente a pesar de toda a loita perderonse 170 postos de traballo. É un exemplo do que non teñen que facer as administracións. Varias administracións públicas regaláronlles os cartos a unha empresa privada, falo da Deputación de Ourense e da Xunta de Galiza. A Deputación os terreos e a Xunta de Galiza como mínimo 16millóns de euros. A administración central tamén favoreceu os intereses da empresa dándolles máis de 70 millóns de euros que nunca repercutiron na riqueza do país. Na actualidade é unha estructura baleira nunha das parcelas e instalacións máis grandes do Parque Tecnolóxico de Galiza, en propiedade non sabemos de quen, dende logo non das administracións públicas.

Hoxe o conflito aberto é a negociación do convenio colectivo do sidero-metal de Ourense, convenio que temos prorrogado dende o 31 de decembro de 2012. Debido ás reformas do PP contra a negociación colectiva en xullo de 2012 houbo un parón na negociación aberta que se reiniciou en outubro de 2013. Dende aquela ata hoxe levamos 8 reunións de negociacións cos empresarios e o convenio segue paralizado polo empeño destes en precarizar as condicións de traballo. Queren poder obrigar aos traballadores do metal a ir a traballar sábados, domingos e festivo e dende logo a CIG xa lles trasladou que nunca asinará nesas condicións.