Fronte ás agresións machistas, unha aposta firme polas mulleres na política

Fronte ás agresións machistas, unha aposta firme polas mulleres na política

No BNG-Asembleas Abertas, as mulleres protagonizan a representación pública. Como apuntaba a candidata Noa Presas os feitos avalan “a nosa aposta pola igualdade ao situar como cabezas de listas a duas mulleres en Ourense, unha europarlamentaria, duas deputadas no Congreso, catro deputadas no Parlamento Galego e varias candidatas nos primeiros postos das listas ás eleccións muncipais”.

11329957_10202795910457941_2943489697581852160_nPorque as mulleres non estamos en política para cadrar números, “estamos por méritos propios, con voz propia porque somos capaces de transformar a política”. Con estas palabras iniciaba a deputada Carme Adán a súa intervención hoxe en Ourense onde viña falar das propostas do BNG-Asembleas Abertas mais os insultos proferidos onte por Gonzalo Jácome contra a candidata nacionalista Susana García empañaron o que debe ser unha campaña electoral -achegamento de propostas- para convertela nun discurso de violencia machistas contra todas as mulleres.

Afirmar que Susana García exerceu a prostitución nunha barra americana é insultar a todas as mulleres, tamén ás que exercen a prostitución, a maioría delas víctimas da violencia.

Pola súa banda, Susana García pedíulle a todas as mulleres que o día 24 pensaran ben o sentido do seu voto “entre todas, temos que impedir que un misóxino teña representación no Concello de Ourense e tamén lle pregunto ao candidato do PP, Jesús Vázquez, si está disposto a formar goberno cunha persoa que insulta e exerce a violencia verbal contra as mulleres”.

Máis que nunca son necesarias medidas que, dende as institucións, combatan as agresións que todos os días sufrimos as mulleres.

IMG_4601Neste senso, a concelleira Ximena González referíuse ao traballo desenvolto polo BNG ao longo dos últimos anos, reformando o edificio de Radio Eca e converténdoo no edificio do CIMM no Couto, un espazo íntegro para as políticas de igualdade. Foi tamén o BNG quen elaborou o II Plan de Equidade do Concello de Ourense e a súa ordenanza levando por primeira vez a todas as áreas de goberno políticas transversais. Tamén na oposición o BNG liderou a defensa dos dereitos das mulleres conseguindo unha campaña institucional en favor dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres.

Ximena González sinalou que o reto inmediato en materia de equidade no Concello de Ourense é recuperar o protagonismo destas políticas e “sentarnos a falar coa Xunta para pór os recursos necesarios para conseguir que a Casa de Acollida sexa de xestión pública e evitar que siga en mans de congregacións relixiosas”.

Ourense, 22 de maio de 2015