Ana Pontón e Noa Presas no mitin de Ourense (mércores ás 20 horas no Auditorio)

Ana Pontón e Noa Presas no mitin de Ourense (mércores ás 20 horas no Auditorio)

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, participará xunto a Noa Presas, número un da lista ao Congreso por Ourense, no mitin que a candidatura celebrará mañá mércores no Auditorio de Ourense. No que será o acto central da campaña do BNG na provincia tamén intervirán Diego Lourenzo, Francisco García e Xacobe García, membros das listas ao Congreso e ao Senado, así como a deputada Tereixa Paz.