Noa Presas na presentación do programa en Compostela: "O BNG situará a Galiza no centro"

Noa Presas na presentación do programa en Compostela: "O BNG situará a Galiza no centro"

“No BNG traballamos pensando no futuro, na Galiza na que queremos vivir e en cales son as súas prioridades. Prioridades pensadas desde aquí e diferentes das que nos aplicaron os gobernos de Madrid”, dixo Noa Presas esta mañá en Compostela durante a presentación do programa electoral do BNG para as eleccións xerais, na que estivo acompañada por Olalla Rodil, Carlos Callón e Luís Bará, cabezas de lista ao Congreso nas candidaturas de Lugo, A Coruña e Pontevedra, respectivamente.

Presas, que foi a encargada de expoñer as propostas do BNG en materia laboral, enerxética e de xénero, subliñou que “o BNG situará a Galiza no centro, e será unha voz a favor das maiorías deste país. Queremos vivir do que é noso. E estas eleccións son unha oportunidade para rematar cunha situación que só podemos definir como de emerxencia social, vital e nacional a causa das políticas que son negociadas sen unha voz propia, galega e autónoma en Madrid”.

Aquí unha ligazón ao vídeo da intervención de Noa Presas esta mañá:

https://www.facebook.com/NoaPresas/?fref=ts