Noa Presas: “O PP non pode seguir ignorando o caso que afecta a Baltar pai e a Baltar fillo"

Noa Presas: “O PP non pode seguir ignorando o caso que afecta a Baltar pai e a Baltar fillo"

dia 31.10

“É urxente que o PP ofreza unha resposta política ao caso Baltar. Por respecto ás ourensás e ourensáns, non pode seguir ignorando a denuncia contra Baltar fillo e a implicación, agora tamén, do pai”, dixo Noa Presas, cabeza de lista ao Congreso do BNG por Ourense. Despois de coñecer a decisión da titular do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense de investigar a José Luis Baltar, ex presidente da Deputación, polos presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias no marco da investigación aberta pola denuncia dunha muller que acusa a Manuel Baltar, fillo do anterior e actual presidente da Deputación

, a candidata recordou que “fai máis de medio ano que saltou o caso e continuamos sen resposta xudicial e política, máis alá do que o asunto revela sobre a necesidade de aumentar os recursos dos xulgados e dotar de medios á Xustiza para que poida resolver con axilidade, non é aceptable que o PP continúe sen dar explicación nin haxa dimisións nas súas filas. Por respecto a Ourense, Manuel Baltar debería ser apartado da Deputación”. Ourense, 31 de maio de 2016