"Nos temos propostas pensadas desde e para Ourense e para Galiza"

"Nos temos propostas pensadas desde e para Ourense e para Galiza"

“Temos propostas para Ourense e para Galiza e moi claro ao que imos ir a Madrid: é unha prioridade desaloxar ao PP pero iso ten que ir acompañado dun proxecto político, non pode ser un mero slogan”, dixo onte Noa Presas nunha entrevista en RNE o referrse ao papel que xogaría o BNG no futuro Congreso. Tamén sinalou que o Bloque non perdeu a ilusión polos resultados dos anteriores comicios. "Pertenzo a unha xeración maltratada polo desemprego, pola violencia contra as mulleres, pola emigración... queremos cambiar esto e por iso empezamos a campaña coa ilusión de sempre e firmes nos nosos principios.

Ademais recordou Presas que a mellor garantía do BNG é "o traballo feito", porque "a xente recoñece que o BNG non perde o tempo, coma outros que andiveron seis meses nunha estratexia buscando rédito electoral”, e citou os exemplos de Allariz e Verín que desta volta incorporan á lista ao Congreso a Paco García e a Diego Lourenzo, os referentes do nacionalismo nesas vilas. Ourense, 1 de xuño de 2016

LIGAZÓN Á ENTREVISTA:

https://www.dropbox.com/s/rqtxpm4lmhzj453/Entrevista%20Noa%20Presas.mp3?dl=0