VISITA DE NOA PRESAS E MARIBEL POYSA AO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL O REXO EN ALLARIZ

Fronte ás palabras baleiras doutras forzas, no BNG temos exemplos do que facemos e queremos: o Rexo

visita_o_rexo
visita_o_rexo

Durante os gobernos do Partido Popular produciuse un gran retroceso na situación do medio rural e do sector primario. A alternativa está en políticas que buscan o equilibrio entre defensa do medio e desenvolvemento e modernización e a creación de emprego.

Fronte ás palabras baleiras doutras forzas, no BNG temos exemplos do que facemos e queremos: o Rexo

Esta mañá Noa Presas, candidata do BNG ao Parlamento Galego, visitou as instalacións do Centro de Educación Ambiental O Rexo en Allariz acompañada de Francisco García, o alcalde e Maribel Poysa, concelleira e número 3 da candidatura e Helena Suárez, tamén concelleira en Allariz. 

“No BNG, fronte ás palabras baleiras doutras forzas, temos exemplos do que facemos e queremos: o Rexo e Allariz son o noso modelo, a nosa acción política estará baseada en garantir a sustentabilidade para as xeracións presentes e futuras, buscando un equilibrio entre defensa do medio e desenvolvemento e modernización e a creación de emprego” afirmou a candidata. Francisco García puxo en valor o que se pode conseguir coa colaboración veciñal e co apoio das institucións, demostrando que o público é sostíbel e que máis dunha década despois podemos ver como a produción de queixo e outras actividades formativas están consolidadas no Rexo.   

A candidata insistiu en que “As políticas do Estado e da UE coa complicidade da Xunta teñen levado ao rural galego e ao seu tecido agro-gandeiro á reconversión con perdas de capacidade produtiva e de emprego, convertendo zonas como Ourense nun deserto, sen xente e sen traballo”. García engadiu que “iniciativas como esta contribúen a ter o territorio activo e coidado, prevendo a proliferación de lumes”. 

Despois de coñecer, acompañados do persoal, os detalles do funcionamento do centro e da elaboración de queixo, as candidatas finalizaron a visita e Presas concluíu “Durante os gobernos do Partido Popular produciuse un gran retroceso na situación do medio rural e do sector primario. Fronte a isto e á carencia de proxectos propios das forzas con sede en Madrid que se presentan ao Parlamento, as nacionalistas temos feitos reais que demostran a viabilidade das nosas propostas, como o Rexo e a acción municipal exemplar do BNG no goberno de Allariz, recoñecida internacionalmente”. Ourense, 31 de agosto de 2016

 

 

O Centro de Educación Ambiental (CEA) O Rexo está situado en Allariz, na Parroquia de Requeixo de Valverde, no corazón da Reserva da Biosfera Área de Allariz, traballando na divulgación dos valores na defensa do equilibrio entre o ser humano e os valores medioambientais e albergando a produción de queixo.