“En Ourense as mulleres temos que protagonizar a vida política para aliviar a carga que soportamos”

mitin OU
mitin OU
“En Ourense as mulleres temos que protagonizar a vida política para aliviar a carga que soportamos”

 

 

 

 

 

 

  • “Os machos alfa do debate a 4 non falaron de violencia machista, co BNG iso non pasará no Congreso”, advirte a candidata

 

“Hai que rematar con corenta anos de políticas do PP e do PSOE nos que as mulleres nunca fomos o centro de decisión”, dixo Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, onte nun acto no centro da Coruña coa participación da cabezas de lista por Lugo, Olalla Rodil, e da portavoz nacional Ana Pontón. “As mulleres temos que protagonizar a vida política e tomar os centros de decisión. Especialmente en Ourense. Somos as que cobramos os salarios máis baixos e as que soportamos as cargas sociais derivadas de que as institucións non cubran en absoluto as necesidades de pequenos e maiores. Temos que protagonizar a política para aliviar esa carga que soportamos”, insistiu Presas.

 

A cabeza de lista por Ourense instou a condicionar sen maiorías absolutas un goberno que se “comprometa en serio coa erradicación da discriminación e das prácticas sexistas tamén na esfera pública, que asuma que somos as mulleres as únicas que temos dereito a decidir como e cando queremos ser nais, independentemente da idade que teñamos”. E rematou, “temos que ser protagonistas, porque non estamos en política para ser as primeiras damas de ninguén”. Ourense, 19 de xuño de 2016.-