O BNG-Asembleas Abertas tamén Quere Galego en Ourense

O BNG-Asembleas Abertas tamén Quere Galego en Ourense

Foto_LuisSearanum3O BNG-Asembleas Abertas apoia as convocatorias da plataforma cidadá Queremos Galego, da que fai parte e que encherá as rúas baixo o lema Galego, garantía de futuro reivindicando este 17 de maio que a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego e recordando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.

Susana García, número 1 da candidatura BNG-Asembleas Abertas e que foi voceira da Plataforma, esixe que a Xunta e o Concello cumpran o marco legal vixente recollido na Lei de Normalización Lingüística, no Plan de Normalización Lingüística e nas ordenanzas locais e que ademais se compromentan activamente na defensa da lingua, asumindo as esixencias do movemento de defensa da lingua.

Para BNG-Asembleas Abertas a lingua é unha prioridade e aposta polo incremento de orzamentos e de recursos humanos do do Servizo de Normalización Lingüística; a constitución dun Consello Social da Lingua no que desde a participación social se deseñen as estratexias que a cidade precisa para normalizar a lingua; a esixencia do uso do galego nos servizos que o Concello encargue a terceiros e a promoción do intercambio e colaboración co ámbito lusófono en todos os sectores.

Ourense, 12 de maio de 2015

O BNG-Asembleas Abertas tamén Quere Galego en Ourense