O PXOM debe ter unha fase de exposición pública das modificacións instroducidas no documento

O PXOM debe ter unha fase de exposición pública das modificacións instroducidas no documento

Dende a caída do PXOM de 2003, elaborado e aprobado polo Partido Popular e ilegalizado pola xustiza, o Bloque Nacionalista Galego ven reclamando a elaboración dun novo documento cun modelo de cidade non baseado na especulación e a través dun proceso participativo.

O BNG propón a goberno e oposición que unha vez introducidas as modificacións tras o proceso de alegacións se poña en marcha unha fase nova e un proceso de explicación pública a colectivos e organizacións de todo tipo sobre esas modificacións que se plantexan ao documento da aprobación provisional.

Ximena González, membra do Consello Local, indicou que “o Partido Popular que tanto reclamou transparencia e participación cando estaba na oposición ten agora unha oportunidade de demostrar que era verdade e non electoralismo” e engadiu que “é máis importante que o documento sexa participado por tod@s a que se negocie ás presas entre os partidos”.

Para o Bloque Nacionalista Galego non se poden limitar aos grupos políticos do Concello de Ourense as explicacións sobre as modificacións do documento e cómpre achegalas tamén a todas as persoas e entidades que presentaron alegacións, que deben ter a oportunidade de recibir explicacións por parte do goberno e a equipa redactora non só a través das respostas escritas senón a través dun proceso participativo. Do mesmo xeito o conxunto de veciñas e veciños de Ourense ten o dereito de coñecer todas estas modificacións independentemente de que realizaran ou non propostas de modificación a través das elgacións.

O BNG valora positivamente a constitución da mesa de seguimento do PXOM pero ve con preocupación a falta de transparencia do PP ao non explicar públicamente que modificacións plantexa no documento e cal é a profundidade das mesmas, de aí que reclamen a explicación ante todas as veciñas de Ourense.

Ourense, febreiro 2016

Bloque Nacionalista Galego

Este é o texto remitido ao Alcalde de Ourense:

A/A Alcalde de Ourense:

Dende a caída do PXOM de 2003, elaborado e aprobado polo Partido Popular e ilegalizado pola xustiza, o Bloque Nacionalista Galego ven reclamando a elaboración dun novo documento cun modelo de cidade non baseado na especulación e a través dun proceso participativo.

Baixo a responsabilidade do PsdG-PSOE púxose en marcha a elaboración do novo planeamento e malia unha fase previa de consulta aos representantes do goberno do que o BNG fixo parte, non se realizou unha fase previa participativa que tivese en conta ás veciñas favorecendo o seu coñecemento e achegando o modelo do mesmo a todas.

O BNG apoiou no seu momento a saída á luz do documento para favorecer o debate social e o seu coñecemento e reclamou a ampliación do tempo de exposición pública conseguindo tres meses en lugar dos dous habituais como xeito de suplir esa falta de participación previa furtada ás veciñas polo PSOE.

Xa daquelas esa aprobación inicial estivo directamente vinculada a unha segunda fase de exposición pública e alegacións á que se comprometeu o anterior goberno, que foi reclamada á nova corporación municipal e que foi negada nesta ocasión por PP, PSOE e DO.

Nos últimos meses o goberno creou unha comisión de seguimento do PXOM para explicar aos grupos políticos da corporación as modificacións que propón para o documento e a resolución das alegacións das veciñas, iniciativa que permite a eses grupos coñecer as propostas para un novo documento pero que segue a tramitar o PXOM de costas ás veciñas e veciños.

Nos últimos meses o goberno ten manifestado ademáis a urxencia na tramitación e cada día son máis preocupantes as sospeitas de que esa “urxencia” oculta o interese por realizar modificacións de calado no documento sen dar as necesarias explicacións ás veciñas e veciños e sen facer público todo o contido destas modificacións.

O BNG defende a necesidade dun proceso participativo e transparente que só depende da vontade política de quen ten o goberno, hoxe o Partido Popular.

Existe na web municipal un documento de resposta ás alegacións presentadas na fase de exposición pública, mas aclárase que nen é vinculante nen é definitivo polo que non podemos saber a día de hoxe cal é a proposta que fai o Partido Popular para o documento.

Para o Bloque Nacionalista Galego non se poden limitar aos grupos políticos do Concello de Ourense as explicacións sobre as modificacións do documento e cómpre achegalas tamén a todas as persoas e entidades que presentaron alegacións, que deben ter a oportunidade de recibir explicacións por parte do goberno e a equipa redactora non só a través das respostas escritas senón a través dun proceso participativo. Do mesmo xeito o conxunto de veciñas e veciños de Ourense ten o dereito de coñecer todas estas modificacións independentemente de que realizaran ou non propostas de modificación a través das elgacións.

Por todo isto o Bloque Nacionalista Galego solicita ao Concello de Ourense:

A posta en marcha dun proceso aberto á participación de todas e todos os veciños de Ourense no que se realicen encontros coa equipa de goberno e a equipa redactora, tal e como se fixo cos partidos da corporación, para asociacións, colectivos, partidos e veciñas e veciños nos que se expliquen as modificacións propostas e o resultado das alegacións presentadas de xeito colectivo.

O PXOM debe ter unha fase de exposición pública das modificacións instroducidas no documento