deporte
Novas

O BNG propón destinar o millón de euros que Jácome quere repartir “a dedo” entre os clubes para incrementar a partida das subvencións por concorrencia competitiva do Consello Municipal de Deportes

Avanzan que non votarán a favor da proposta do Goberno Local de repartir 1.085.000 euros a través de subvencións nominativas e propoñen transferir esa cantidade á liña 2 de subvencións por concorrencia competitiva do Consello Municipal de Deporte para que “todos os clubes e non uns poucos se vexan beneficiados partindo dunhas bases e duns criterios obxectivos”

Desde o BNG afirman que mesmo clubes aos que se lles pretende dar unha subvención nominativa “obterían unha maior cantidade pola concorrencia competitiva de efectivizarse a nosa proposta”

Ler novas
Novas
IMG_0215

Jácome crea o Concello de Ourense S.A.D.

 Non actúa como alcalde de Ourense senón como lobista, ao tempo que amosa o seu desprezo e falla total de respecto aos clubes da cidade.  A última ocorrencia en materia futbolística roza o esperpento máis absoluto

Pedimos que o PP, quen obstenta as competencias en deportes, aclare se está ao tanto da operación e sobre todo se a comparte

Ler novas