orzamentos
Novas
Rhut Reza, Luís Seara, Xosé Manuel Puga e Erea Blanco

O BNG responsabiliza a Jácome e a PP da anulación do capítulo I do Orzamento municipal de 2020

No BNG lembran que durante a tramitación e debate sobre a aprobación do Orzamento municipal do ano 2020, actualmente prorrogado, e elaborado polo bipartito DO – PP, o BNG, técnicos municipais e representantes sindicais, advertiron das irregulariedades do mesmo como consecuencia de ter obviado “un acto preceptivo e obrigado como é a negociación colectiva”.

Desde o Grupo municipal do BNG tamén aclaran, en relación coa sentenza, que nun primeiro momento “o Alcalde asinou un Decreto para o seu cumprimento, Decreto que revogou días despois ao darse conta que esa decisión podía pór en risco o pagamento das nóminas das e dos traballadores municipais”

Ler novas
Novas
bng Puga, Albert, Vilasanchez BNG Valdeorras

O BNG denuncia a discriminación histórica que exerce o PP cara a comarca de Valdeorras a través dos orzamentos da Xunta e da Deputación de Ourense

María Albert “Os orzamentos da Xunta para 2024 confirman o abandono do PP a Valdeorras”

 Xosé Manuel Puga “ O BNG presentará propostas e emendas aos orzamentos da Xunta, deputación Provincial e Goberno do Estado, en canto se presenten, para corrixir este abandono”

Xesús Vilasanchez “ analizaremos polo miúdo os ínfimos orzamentos para a comarca nos que botamos en falta unha base medicalizada do 061 para a Valdeorras e unha unidade de pneumoloxía para o Hospital de Valdeorras “

Ler novas
Novas

PRESAS: “OS ORZAMENTOS 2024 CONFIRMAN O ABANDONO DO PP A OURENSE”

Para o BNG “son un refrito de promesas retrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública nin para o impulso económico”

Lamenta que “non haxa nin un só euro para as promesas de Rueda á cidade, nin termalismo, nin transporte metropolitano, nin plantación de árbores, nin ecobarrio, nin apoio ao campus ou novas especialidades sanitarias”.

Ler novas
Novas

O informe de liquidación do Orzamento do Concello de Ourense do ano 2022 revela, segundo o BNG, “a errática e nefasta xestión do Goberno Local”

Do informe despréndese que o ano 2022 foi novamente un dos anos co nivel de execución máis baixo da última década con apenas o 46,48% do Orzamento total e cun 15% no capítulo de inversións

Desde a formación nacionalista acusan a Jácome de empregar as e aos funcionarios “para xustificar a súa nefasta xestión tentanto botarlle á culpa e tentanto desviar a atención cuestionando a súa profesionalidade”

Ler novas