O Plano de emprego, prioridade do BNG é para o Alcalde 'unha escusa'

O Plano de emprego, prioridade do BNG é para o Alcalde 'unha escusa'

O BNG reiterou o seu voto en contra da ratificación da urxencia da convocatoria do Pleno Extraordinario de hoxe, 14 de agosto.

O Grupo Municipal do BNG non pode abstraerse da difícil realidade que vive a poboación de Ourense. Xa desde o mes xaneiro deste ano o BNG manifestou que o Concello debía tomar unha actitude proactiva ante a grave crise socioeconómica que provoca a perda de miles de postos de traballo. Ourense non pode permitirse seguir afondando nesta crise, e moito menos cando o alcalde manifesta no peche de exercicio de 2012 que ten 27 millóns de euros de tesourería e que poden empregarse para atender as necesidades urxentes e prioritarias da poboación. Hoxe aparece publicado que a metade das 30.000 persoas desempregadas na provincia leva xa máis dun ano sen traballo. Eso que para nós é un drama, o que para nós e o verdadeiramente urxente e prioritario, para o alcalde Agustín Fernández é só “unha excusa”, según as súas manifestacións de hoxe no Pleno Extraordinario do Concello de Ourense.

No debate sobre a ratificación da urxencia deste Pleno, o portavoz nacionalista volveu a reiterar a súa petición ao alcalde para que convoque unha xunta de voceiros na que se comence a consensuar un plan de emprego municipal, si é que de verdade é esa a intención dos dous grupos políticos maioritarios, “pois nas súas intervencións falaron máis do Bispo que dos parados e paradas de Ourense”, en palabras de Xosé Somoza.

Na intervención do Grupo Municipal do BNG, Xosé Somoza tamén se dirixíu as ONGs, asociacións e institucións sen ánimo de lucro directamente implicadas na modificación de crédito, para advertirlles de que aínda que o grupo de goberno en público lle vote a culpa ao Ministro Montoro e en privado ao BNG, o único culpable de que a día de hoxe non estén asinados eses convenios é o propio goberno municipal, por moitas excusas que lles ofrezan.

Ourense, 14 de agosto de 2013

O Plano de emprego, prioridade do BNG é para o Alcalde 'unha escusa'