Os recortes no transporte sanitario porán en perigo a vida das persoas

Os recortes no transporte sanitario porán en perigo a vida das persoas

Si alguén se vai ver prexudicado gravemente pola política de recortes do PP van ser os enfermos usuarios do transporte sanitario.

Da eliminación da cobertura 24 horas e da ampliación dos tempos de mobilización depende a vida das persoas porque non é o mesmo que que ante unha situación crítica a ambulancia chegue en 5 minutos a que tarde unha hora.

Empresarios do sector reuníronse esta mañá co Portavoz Nacional do BNG para expresarlle as súas preocupacións non só como empresarios senón tamén como traballadores e usuarios. Manifestaban que co novo decreto que regula o sector o estado só garante o transporte sanitario urxente máis non o programado como se recollía na anterior normativa. Nesta situación, unha persoa que teña que dializarse tres días á semana non vai poder asumir o custe do servizo e mais nun país coma o noso onde os salarios e as pensións son tan baixos.

http://youtu.be/bBpE-fKHf8c

Guillerme Vázquez apuntou que estamos empezando a padecer as consecuencias dunha política suicida e, neste marco, os recortes no transporte sanitario son tan indecentes que poden incluso pór en perigo a vida das persoas.

Ante as críticas dos afectados sobre a eliminación de parte do servizo que se viña prestando dende as bases onde moitas ambulancias pasaron de prestar servizo 24 horas a só 12 horas, o deputado Alfredo Suárez Canal manifestou que estamos ante unha estratexia para acabar cunha estrutura de País e puxo como exemplos a supresión do servizo Preescolar na Casa, a eliminación de plantas xudiciais , de oficinas liquidadoras e como non do transporte sanitario. Afirmaba o parlamentario que todo vai estourar despois das eleccións e que este é o caldo de cultivo para que os especuladores sigan a facer negocio porque o obxectivo último do Partido Popular é privatizar os servizos públicos.

O Portavoz Nacional reiteraba que a batalla nas institucións e na rúa, en definitiva, a rebelión social poden amortiguar estas medidas. Garantiu, coma sempre, o apoio do BNG pero tamén foi contundente á hora de afirmar que teremos o que queiramos conquistar porque os pobos teñen o que pelexan por ter.

Os recortes no transporte sanitario porán en perigo a vida das persoas