VICEVOCEIRA DO BNG NO CONCELLO DE OURENSE

Rhut Marina Reza Álvarez

Vicevoceira do grupo municipal do BNG en Ourense

  • Área de participación cidadá, turismo e termalismo.
  • Área de cultura, educación, servizos xerais e seguridade cidadá.
  • Área de política social, igualdade, sanidade, xuventude e voluntariado.
  • Área de promoción económica, comercio, facenda e contratación.

 

Rhut Marina Reza Álvarez

Nacín en Castrelo de Miño no 1976, onde pasei boa parte da miña infancia. Mudeime despois a o concello de Ourense e son veciña da zona histórica da cidade.Dende nova estiven moi ligada ao deporte femenino. Na actualidade mudei o deporte pola danza.


Realizei os meus estudos de Ciencias do Mar na Universidade de Vigo.Traballei como monitora deportiva, en desenvolvemento rural e na actualidade nunha escola de danza.Fun rasponsábel de zona da Mesa Pola Normalización linguística en Ourense.

 

"Dóeme a situación de língua minorizada que está a sufrir o idioma propio de Galiza, palpar como algúns representantes do pobo nas institucións renegan e minusvaloran a maior creación colectiva do pobo galego."

 

Milito no BNG porque penso que un mundo mellor é posibel, un mundo diverso onde a nación galega estea en pé de igualdade con outras nacións, porque non acredito en mesías e confío nas capacidades do pobo galego para crear o seu futuro e contar a sua propia historia, sendo o BNG o mellor instrumento do que dispomos para acadalo.