Acto Público sobre as Participacións Preferentes

Acto Público sobre as Participacións Preferentes

Ourense, 26 de abril de 2012.- Susana García, Responsable Local do BNG, e Fernando Varela, concelleiro do BNG en Ourense, presentaron en Rolda de Prensa o Acto Público que terá lugar mañá, xoves, ás 20:15, na Sala Vermella do Auditorio Municipal de Ourense.

Acto Público convocado polo BNG para informar sobre a estafa das Participacións Preferentes, intervirá o propio Fernando Varela, que defendeu no último pleno unha moción sobre as preferentes e que foi aprobada, e Henrique Viéitez, deputado do BNG no Parlamento Galego, coñecedor deste problema e que xa se ten reunido con representantes das plataformas

de afectados que se constituíron noutras zonas de Galiza.

Nese acto exporemos as propostas do BNG e as iniciativas que puxemos en marcha para abordar este asunto nas diferentes institucións. Pero tamén se pretende ter un coloquio cos

asistentes para coñecer a súa situación e escoitar as propostas que queiran facernos.

Na Rolda de Prensa, os representantes do BNG deixaron claro que os verdadeiros culpabeis desta crise económica, os mercados financeiros, teñen secuestrados os cartos de pequenos aforradores, xente traballadora, xubilados e xubiladas que foron obxectivo desa colocación masiva de participacións preferentes, clientes particulares non familiarizados cos

investimentos financeiros que non foron debidamente informados dos seus riscos.

Denunciaron a escandalosa pasividade dos gobernos do estado e do galego, que siguen destinando miles de millóns de € a tapar as perdas da banca, que permiten que se premie aos exdirectivos das caixas con indemnizacións multimillonarias e que anuncian amnistía fiscal para os que evaden impostor, mentras siguen secuestrados os cartos dos afectados pola estafa das preferentes.

A Xunta de Galiza ten competencia en materia de protección de consumidores e tamén en sancións por prácticas fraudulentas, pero a resposta do goberno Feijoo sigue a ser a pasividade total.

Deuse, a modo de exemplo, un dato: cífranse en 1.000 billóns de € os produtos financeiros deste tipo colocados no mundo, cando se estima que a Produción de Riqueza Anual se situa nuns 50 billóns de €.

Queda claro que os mercados financeiros, e os gobernos títeres deses mercados, dedícanse á Economía Especulativa frente a Economía Produtiva.

Acto Público sobre as Participacións Preferentes