O BNG abandona a xunta de portavoces, "os que non se poñen de acordo para asinar a censura a Jácome, fanno para pactar as súas prebendas"

Luis Seara e Rhut Reza
Luis Seara e Rhut Reza

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense amósase totalmente en contra do acordo no que se pacta novo persoal de confianza, novas adicacións e redución de mocións no pleno

O BNG abandona a xunta de portavoces, "os que non se poñen de acordo para asinar a censura a Jácome, fanno para pactar as súas prebendas"

Ourense, 09 de decembro de 2020. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, amósase radicalmente en contra do acordo pactado antes da xunta de portavoces de hoxe entre PP, PSOE, DO, e Cs, a respeito do reparto das adicacións e do persoal de confianza.

Para o BNG é vergoñento que na situación na que nos atopamos, con centos e centos de veciñas e veciños pasando auténticas penurias, cunha situación de crise que irá a máis, e cunha cidade absolutamente paralizada, os que non se poñen de acordo para asinar á moción de censura e permitir desbloquear a situación, sí o fagan para repartirse máis persoal de confianza e novas adicacións parciais.

Segundo os nacionalistas, está amplamente asumido pola sociedade o feito de que as persoas que se adican puntualmente á política perciban unha remuneración. A actividade política precisa recursos: materiais (económicos) e humanos (persoas). De non ser así, estaríamos nunha Plutocracia na que so gobernarían os ricos.

Os salarios que perciben as persoas que se adican á política, que saen dos impostos das veciñas e veciños, teñen que ser suficientes, acorde ao grao de responsabilidade e inseridos na realidade social. Realidade que se está a ver agravada polas consecuencias dramáticas, sociais e económicas, que está a provocar a pandemia. Dito o anterior, o Concello non pode converterse nunha sorte de oficina de colocación.

Redución de mocións nos plenos.

Outro dos puntos da orde do día, facía referencia á duración dos plenos, motivo polo cal se plantexa unha reducción do número de mocións que poden presentar  os grupos, no caso do BNG, dúas. Desde a formación nacionalista amósanse tamén totalmente en contra desta medida, a cal, limita a súa capacidade de traballo e para presentar iniciativas ante o pleno, único foro no que a nivel municipal se pode debatir públicamente sobre cuestións de vital importancia para a cidade.

O BNG non vai participar de todo este "pasteleo" entre os grupos, os cales públicamente din unha cousa e por detrás, entre bambalinas, fan outras. Jácome era letal para Ourense a ollos do PP, e un perigo para a cidade a ollos do PSdeG-PSOE pero é válido para pactar asesores, adicacións e para limitar a capacidade de traballo do resto de grupos.

O BNG abandona a xunta de portavoces, "os que non se poñen de acordo para asinar a censura a Jácome, fanno para pactar as súas prebendas"