O BNG confirma as súas sospeitas, as obras da capela do CEIP As Mercedes carecen da pertinente licenza por parte do Concello de Ourense

RHUT REZA%2c LUIS SEARA 17.08.20
Rhut Reza e Luis Seara

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense constatou no día de hoxe que as obras que se están a realizar na capela do CEIP As Mercedes e que imposibilitan a súa cesión a ANPA do centro para que a empreguen como comedor carecen de licenza municipal pese a ser un edificio afectado polo PERI

O BNG confirma as súas sospeitas, as obras da capela do CEIP As Mercedes carecen da pertinente licenza por parte do Concello de Ourense

Ourense, 19 de setembro de 2020. O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense tiña dúbidas ao respeito da legalidade das obras que se están acometendo na capela do CEIP As Mercedes e que imposibilitan a súa cesión a ANPA do centro para que poida prestar alí o servizo de comedor, tal e como reclamaban e tal e como se viña facendo en anos anteriores.

No pleno do pasado 11 de setembro, a concelleira Eugenia López Abella esgrimía este argumento durante a súa primeira intervención na moción presentada polos nacionalistas sobre a situación e máis que posible desmantelamento do servizo de comedor do CEIP As Mercedes por parte da Xunta de Galiza.

Textualmente, a ex concelleira de servizos sociais afirmou que "cierto es que desde el ANPA se pide la antigua capela, pero la antigua capela está en obras, a día de hoy ya se está haciendo un obra. Una obra que estaba contratada, asignada y es un contrato público por lo que la obra se tiene que ejecutar".

Desde o BNG tíñase constancia de que ían iniciarse eses traballos máis, tralas declaracións da concelleira no pasado pleno, nas que como ben se constata afirmaba que as mesmas xa comezaran, os nacionalistas recabaron información a respeito de en qué consistían e sobre todo, para certificar que contaban coas licenzas pertinentes pois estamos a falar dun edificio catalogado e afectado polo PERI.

Pois ben, desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense queren denunciar públicamente que ditas obras non contan coa correspondente licenza por parte da oficina do PERI do concello de Ourense. segundo puido saber a formación nacionalista, a única licenza concedida refírese á de ocupación e fai referencia ao colector empregado para os entullos.

Segundo os nacionalistas, existe unha inspección por parte da propia oficina do PERI na que se constata a falla de licenza de obra e mesmo a solicitude dos informes técnicos pertinentes.

Para o BNG estamos ante un feito grave, no que neste caso incorre tanto a Xunta de Galiza por un lado, ao non cumprir co procedemento e a legalidade vixente sí esixida ao resto dos cidadáns, como por parte do concello, quen non foi capaz de advertir da situación de non ser polas sospeitas dos concelleiros nacionalistas.

Por último, desde o BNG comunican que tasladarán esta cuestión ao Parlamento galego, onde pedirán da Xunta de Galiza as explicacións pertinentes.

O BNG confirma as súas sospeitas, as obras da capela do CEIP As Mercedes carecen da pertinente licenza por parte do Concello de Ourense