O BNG critica a falta de proxecto de futuro do cogoberno municipal

Rhut Reza sinala a falta de previsión nos orzamentos aprobados recentemente por DO e PP ao non incorporar partidas específicas

O BNG critica a falta de proxecto de futuro do cogoberno municipal

A concelleira do BNG de Ourense, Rhut Reza, criticou no Consello Municipal de Deportes a falta de previsión do cogoberno DO-PP nos orzamentos aprobados hai unhas semanas. Un evento tan importante como a celebración do Campionato de España de Atletismo, segundo o BNG, é unha competición que xa foi acordada previamente á aprobación dos orzamentos e non existen unha partida específica para o mesmo.

O protocolo asinado polo Concello de Ourense e a Federación Española de Atletismo , segundo a concelleiro do BNG, Rhut Reza, é "unha mera declaración de intencións". Reza criticou a falta de previsión do PP e DO neste evento tan importante para a cidade de Ourense e a ausencia dunha partida específica nos orzamentos aprobados polo cogoberno que ascendera aos 49.500 € para impulsar esta actividade.

"Isto demostra a improvisación do cogoberno municipal e a falta de proxecto de futuro para o concello de Ourense. Son incapaces de prever unha cuestión que saben perfectamente que vai aconter neste ano" criticou a concelleira do BNG. Asemade, sinalou o "desgoberno" do concello de Ourense ante tal acto que pode ser motor e atracción para moita xente de fóra da cidade. "Van tarde e hai unha falta de previsión. O lóxico sería dispor destes créditos con anterioridade" concluíu Reza.

O BNG critica a falta de proxecto de futuro do cogoberno municipal