O BNG critica a incapacidade organizativa do cogoberno DO-PP

Cuestionan a modificación orzamentaria en máis de 500.000 €

O BNG critica a incapacidade organizativa do cogoberno DO-PP

O grupo municipal do BNG no concello de Ourense critican a falta de rigor e capacidade do tripartito local ao non teren convocado aínda o pleno ordinario do mes de agosto e tampouco as xuntas de área. Asemade, a organización frontista sinala a o despropósito do aumento nos orzamentos no que ten haber coa contratación de persoal de confianza situándose no máximo legal permitido por lei.

Pasados dous meses e medio dende a toma de posesión o goberno local non convocou as xuntas de área, elemento imprescindíbel para exercer un labor de control e fiscalización da acción do goberno por parte da oposición. Feito ao que se lle suma a falta de rigor para convocar o pleno do mes de agosto no que se acordou que fora a comezos de mes.

Segundo Jácome, o incremento de persoal é xustificado debido á "necesidade de incorporar o antes posíbel persoal cualificado" mais dende o BNG aseguran que non se trata dun "plan de choque" se non máis ben dun "plan de acomodo para os amigos e amigas". Feito idéntico ao que está acontecendo na Deputación de Ourense con casos como a do antigo rexedor de Celanova.

Isto significa que a actual modificación do orzamento, aprobado no día de hoxe pola xunta de goberno aumenta até superar o millón de euros, tras o incremento con esta aprobación de 500.000 €. Co aumento de 14 a 27 traballadoras no persoal de confianza, ficarían para os grupos de goberno 23 deles.

A todo isto súmaselle que as figuras do xefe de gabinete, director de comunicación e o coordinador do grupo político, pasarán a ter un soldo 38.966 € brutos ao ano.