O BNG defenderá no pleno a moción da CIG sobre medidas de creación de emprego

O BNG defenderá no pleno a moción da CIG sobre medidas de creación de emprego

O grupo municipal do BNG reuniuse hoxe coa executiva comarcal da CIG en Ourense para coñecer os detalles da moción que a central sindical rexistrou no Concello de Ourense o pasado 19 de febreiro e comprometerse a presentala e defendela no pleno ordinario do mes de marzo.

100_6475Nun momento de fonda crise económica a CIG esta a desenvolver en todo o país unha campaña de mobilización e propostas para a creación de emprego. A central sindical nacionalista impulsa unha iniciativa lexislativa popular para levar ao parlamento galego 100 medidas para a creación de emprego.

O BNG de Ourense apoia esta campaña e as medidas presentadas pola central sindical e defenderá no pleno do Concello esta iniciativa na que se solicita á corporación municipal manifestar o seu apoio sobre a ILP e animar á veciñanza do concello a animar a asinar a proposta.

O voceiro do BNG Xosé Somoza salientou 'a gran sintonía do BNG coa CIG e coas propostas e as medidas para a creación de emprego que a central sindical quere trasladar para o seu debate nos concellos e no parlamento' engandido que para o BNG a prioridade é o emprego, 'con cada día máis recortes e ataques aos dereitos sociais a falta de emprego empurra a moitas persoas a situacións límite, a moita mocidade á emigración e á nosa cidade a unha situación alarmante, todo o que sexa traballar para pór en marcha mecanismos e medidas que permitan crear emprego de calidade contará co apoio do BNG' indicou.

O levará a pleno o apoio a esta ILP e a medidas para axudar a sentar as bases dun desenvolvemento económico e social máis sustentábel e que suporían un aumento do emprego e unha mellora de dereitos sociais e de calidade de vida para a maioría da poboación a través doutra política fiscal, do incremento do gasto social, do investimento público, da creación de entidades financeiras públicas ao servizo da cidadanía e de políticas que constrúan unha sociedade máis xusta e democrática.

[ Texto íntegro da MOCIÓN SOBRE MEDIDAS DE CREACIÓN DE EMPREGO ]

Ourense, 21 de Febreiro de 2014

O BNG defenderá no pleno a moción da CIG sobre medidas de creación de emprego