O BNG denuncia, o goberno municipal está anestesiado ante a crise económica e social que estamos a vivir.

Colas da fame en Ourense. Foto de Brais Lorenzo para  Faro de Vigo.
Colas da fame en Ourense. Foto de Brais Lorenzo para Faro de Vigo.

Segundo a concelleira Rhut Reza "as persoas máis vulnerábeis non teñen porqué pagar a incompetencia deste goberno".

O BNG denuncia, o goberno municipal está anestesiado ante a crise económica e social que estamos a vivir.

Ourense, 16 de decembro de 2020. Partindo da base de que desde o BNG deféndese unha política no eido social baseada na asistencia integral, desde o Grupo Municipal  da formación nacionalista no Concello de Ourense, denuncian que existe un problema estructural na Concellería de Servizos Sociais, que ten que ver co modelo de xestión e coa falla de máis persoal cualificado e suficiente.

Para a concelleira Rhut Reza, resulta alarmante que "as citas para poder acceder as distintas axudas municipais destinadas á atención das necesidades sociais xa teñen unha demora de cinco meses", para engadir que "hai persoas en risco de exclusión social que pola incapacidade deste goberno á hora de aprobar unha listaxe de contratación de traballadoras sociais en ano e medio, están a ver como se retrasan os procesos de intervención social e incluso o acceso a alimentos, situación esta, extremadamente grave".

Segundo Reza, "neste intre hai familias que xa teñen caducado o certificado que lles permite  cubrir as necesidades de alimentación, e para moitas outras caduca xa neste mes de nadal". Desde a concellaría, denuncian os nacionalistas, "as citas están adiadas ate maio do 2021", polo que se preguntan, "que fan durante estos cinco meses esas familias e en plena crise económica?"

Outro dos problemas para a concelleira do BNG é que "as traballadoras sociais están totalmente desbordadas, xa son moitos meses traballando baixo mínimos e cunha presión moi alta". "O goberno local de D.O. ten que poñer data para a celebración da proba para a creación da listaxe de traballadoras sociais de xeito inminente, a que agardan?.

Neste intre relaxáronse as restriccións sanitarias, se non se fai agora, van agardar a unha terceira vaga? á que chegaremos na mesma situación, e dicir, en precario. Esto non se sostén máis sen traballadoras sociais e ademáis quen o está a pagar son os que menos teñen. E mentres non resolven a contratación de máis traballadoras sociais, para o BNG, debería artellarse algún mecanismo para que aquelas persoas as que lle caducou o certificado para o acceso a alimentos, non queden  tiradas e sen ver atendidas as súas necesidades.

Finalmente, o Grupo Municipal do BNG a través da concelleira Rhut Reza afirma que "o Concello adica partidas económicas para política social, pero para que os cartos cheguen as persoas que o precisan fan falla traballadoras sociais que elaboren plans de intervención e determinen as necesidades de cada usuario ou usuaria, algo que este goberno non acaba de entender".

O BNG denuncia, o goberno municipal está anestesiado ante a crise económica e social que estamos a vivir.