O BNG denuncia hoxe que a mala xestión na política de persoal ten pechado o Espazo Lusquiños

O BNG denuncia hoxe que a mala xestión na política de persoal ten pechado o Espazo Lusquiños

O edificio, proxectado polos nacionalistas no anterior mandato municipal, leva rematado un ano. Xa daquela, a concelleira responsábel, Marta Arribas non puido abrilo alegando o PSOE que non se podía contratar persoal.

Naquelas datas e agora, queremos lembrarlle á equipa de goberno, que hai funcionari@s dispostos a traballar nestas dependencias e incluso a facer as quendas da fin de semana.

A concelleira Ximena González apuntou que é a inoperancia e incapacidade de Carmen Rodríguez Dacosta á fronte da Concellería de Persoal, agora directora xeral de Recursos Humanos, a que impide que as mozas e mozos de Ourense poidan contar cun espazo no que desenvolver as súas actividades, inquedanzas, proxectos, ensaios, etc.

O BNG tamén lle pide ao goberno municipal que abra xa o prazo de presentación de solicitudes para os locais de ensaio para que, tal e como se recolle no regulamento aprobado no pleno de xuño, os grupos ourensáns poidan empregar xa os locais de ensaios na segunda quenda esbelecida de outubro a marzo de 2013. De non abrirse o prazo agora os grupos locais que desexen empregar os locais de ensaio terán que seguir agardando para poder enviar as solicitudes e que se dea resposta a estas incluso despóis de abrir o espazo.

Que o Espazo Lusquiños esté pechado, lembrou Ximena González “é unha mostra máis de que o goberno municipal está desnotrado ao tempo que evidencia a falta de proxecto e alternativas que o grupo de Agustín Fernández ten para a cidade”, e lembrou que esta mesma semana se coñecía a renuncia de Sarabela teatro a organizar o FITO o que supón unha perda importante para a actividade cultural de Ourense. En relación á apertura do Espazo Lusquiños edil nacionalista expresou que “semella que un espazo para a mocidade non é tan urxente e importante como nomear un cargo político”.

O BNG denuncia hoxe que a mala xestión na política de persoal ten pechado o Espazo Lusquiños