O BNG lamenta que o PP secuestre a Casa da Xuventude de Ourense

O BNG lamenta que o PP secuestre a Casa da Xuventude de Ourense

Tereixa Paz lamentou o voto en contra do PP á proposta do BNG de democratizar o centro e non convertelo no “coto privado” do Partido popular

Comi-Paz2Na comisión de política Institucional celebrada hoxe no Parlamento galego, a parlamentaria do BNG, Tereixa Paz defendeu unha Proposición non de lei destinada a restituír as funcións de coordinación e planificación “que durante máis de trinta anos” viña desenvolvendo a Casa da Xuventude de Ourense, a través dun consello de xestión e dunha presidencia elixida democraticamente.

A deputada explicou como o Goberno da Xunta “aproveitou a defunción do anterior director, Benito Losada, para cargarse un modelo de funcionamento que foi referente das casas de xuventude de Galiza e do resto do Estado”.

Paz recalcou que o nomeamento dunha coordinadora que nunca existira constitúe colocar no centro unha comisaria política” que ademais é a curmá do Presidente Feijóo nunha praza creada ad hoc”.

A nacionalista denunciou que esta persoa “fiscaliza, controla e restrinxe” as actividades do centro e a maiores o Partido popular acaba de consolidar a ubicación do punto de encontro nas mesmas instalacións.

Para deputada do BNG, esta situación representa unha “auténtica aberración” como xa teñen denunciado a Plataforma en defensa da casa da xuventude e colexios profesionais de Educadores sociais e familiares.

Tereixa Paz asegurou que o PP, unha vez máis, demostra que “non lle gusta” que a mocidade se organice e xestione os seus propios espazos en liberdade e cun funcionamento democrático.

Non hai artigos relacionados.

O BNG lamenta que o PP secuestre a Casa da Xuventude de Ourense