O BNG leva a pleno a demanda de transporte das veciñas da Cuña

Unha campaña veciñal de recollida de máis de 800 sinaturas é unha nova demanda para o cogoberno da cidade exixindo mellora nas conexións de transporte

O BNG leva a pleno a demanda de transporte das veciñas da Cuña

O BNG levará ao pleno municipal do Concello as demandas das veciñas e veciños do barrio da Cuña en materia de transporte público. A recollida de 868 firmas nestas semanas en Ourense ten como obxectivo que a veciñanza do barrio da Cuña teña unha mellor comunicación co resto da cidade en materia de transporte urbano.

A campaña veciñal iniciada polas veciñas e veciños do barrio da Cuña hai unhas semanas preséntase en formato de recollida de máis de 800 sinaturas reclamando unha mellora nas conexións de transporte público no barrio. A veciñanza solicitou, vía sinaturas presentadas no Rexistro do Concello de Ourense, unha modificación pequena nas liñas que pasan pola Avenida de Zamora, para que poidan subir até o Centro de Saúde e o Centro de Ensino da Universidade Laboral.

"O que piden as veciñas e veciños é unha cousa que se podería facer dun día para outro. Tanto a liña 14 como a liña 33 poderían facer unha pequena modificación da súa ruta- subindo pola laboral e baixando pola rúa do centro de saúde- o que suporía unha ampliación de 5 ou 10 minutos no seu percorrido" asegurou o voceiro do BNG, Luis Seara. Para o voceiro do BNG o transporte público de Ourense ´un "auténtico caos e desastre, cunha concesión caducada dende hai cinco anos e en precario" e descoñecen cal foi o resultados das alegacións achegadas polo BNG ao regulamento aprobado en decembro de 2019.

O problema de transporte tamén se traslada a outros barrios como pode ser o barrio do Couto "que está practicamente illado do resto da cidade porque case non ten liñas de autobus que poida conectalo". Pero centrándose na problemática do barrio da Cuña, o voceiro municipal do BNG asegurou que "é unha demanda que o concelleiro da rama pode resolver dun día para outro. Non fai falta esperar a que se aprobe o prego. A marquesina tamén está dentro das reivindicacións e necesidades das veciñas que podería levar algo máis de tempo".

 

O BNG leva a pleno a demanda de transporte das veciñas da Cuña