O BNG traslada as propostas das veciñas á ordenanza de acceso á zona histórica

O BNG traslada as propostas das veciñas á ordenanza de acceso á zona histórica

O BNG trasladará as propostas das veciñas da zona histórica a través de emendas ao proxecto de modificación da ordenanza de tráfico que presentou o goberno do PSOE.

vecinhaszonahistoricaO grupo municipal nacionalista reuniuse coas veciñas da zona histórica este luns 14 de outubro para coñecer a opinión destas sobre a proposta de modificación da ordenanza de tráfico que plantexa o goberno do PSOE como resposta á petición que o BNG fixo a través dunha moción presentada en abril.

A veciñanza da zona histórica reclama que esta modificación restitúa o dereito de acceso aos residentes de xeito prioritario e non aos vehículos como se ten feito dende a aprobación da ordenanza. A proposta das veciñas o BNG presentará emendas para que @s residentes sen vehículo podan obter unha tarxeta que vinculen a 1 ou 2 matrículas para aquelas persoas que requiran para o seu desprazamento a axuda dun familiar ou amig@; que @s residentes, independentemente da titularidade do vehículo ou propiedade sexan @s que teñan o dereito a acceso a través da tarxeta; que se aumente a 30 minutos o tempo de parada dos vehículos e igualdade no acceso ás tarxetas; e eliminar a diferencia entre propietari@s/arrendatari@s de garaxe e residentes en canto á documentación que se solicitará para a expedición da tarxeta.

vecinhaszonahistorica1O BNG trasladará ao goberno a necesidade de eliminar as restriccións nas entradas e saídas tal e como solicitan as veciñas, molestas coa posibilidade de ser multadas cando a zona de acceso máis próxima ás súas vivendas non pode ser utilizada e teñen que procurar outro percorrido. Do mesmo xeito a proposta de sancións será rebaixada pois as concelleiras nacionalistas comparten a visión das veciñas de que non se poden establecer cuantías cuantitativamente tan superiores ás do resto de zonas da cidade.

Dende o BNG proporase tamén no debate sobre as ordenanzas fiscais a eliminación da taxa de 42,55€ por expedición das tarxetas recollendo a queixa das veciñas que non están dispostas a pagar por entrar ás súas vivendas, tal e como se lles dixera cando se instalaron os bolardos.

vecinhaszonahistorica2Unha das queixas máis recurrentes das veciñas é o agravio comparativo entre todas as restriccións que se pretenden para @s residentes na zona histórica mentres na rúa da Barreira concelleir@s, asesor@s e traballador@s do Concello estacionan os vehículos durante horas sen respeitar nengunha destas restriccións. Tanto as veciñas como o BNG concordan en que esta situación ten que finalizar coa prohibición deses aparcamentos e coas mesmas sancións que se aplican a@s residentes.

As concelleiras do BNG manifestaron tamén antes as veciñas o seu descontento porque o PSOE non inclúa neste proxecto de modificación da ordenanza nada sobre o segundo acordo da moción a aprobada en abril que instaba ao Concello a “desenvolver o establecido na Ordenanza reguladora do servizo de ordenación e regulación do aparcamento de vehículos na vía pública (O.R.A) sobre as áreas de aparcamento para residentes, de tal xeito que se creen, nas rúas adxacentes á zona histórica, zonas de aparcamento exclusivo. A zona histórica debería ser contemplada como zona única e todas as residentes que o solicitasen poder contar cunha tarxeta de residente que lles permitiría estacionar nestas prazas reservadas”. O que supón unha nova oportunidade perdida polo goberno do PSOE de mellorar as condicións de vida das veciñas da cidade.

[ Emendas Casco Histórico 15-10-13 ]

Ourense, 15 de outubro de 2013

O BNG traslada as propostas das veciñas á ordenanza de acceso á zona histórica