O BNG e as veciñas da Ponte por unha xestión pública da praza de abastos

O BNG e as veciñas da Ponte por unha xestión pública da praza de abastos

O BNG deu hoxe outro paso máis na procura da xestión pública da Praza de Abastos de A Ponte. Xunto coa presidenta da AVV, Olga Giráldez, presentamos a campaña de recollida de sinaturas para que o goberno de Ourense manteña o modelo de explotación que históricamente tiña esta praza. Como explicaba a vicerresponsábel local, Noa Presas, o BNG defende a xestión pública, ben sexa directamente polo Concello ou a raves de cooperativa ou asociación de comerciantes.

IMG_2670Antes do verán, cando estaban a piques de rematar as obras, as-os nacionalistas inciaron unha rolda de contactos coas veciñas e veciños de A Ponte –asembleas, repartos, etc- para coñecer de primeira man cal era o uso que lle querían dar ás instalación. A resposta foi case unánime, a saber, a praza debía albergar produtores de rianxo e pequenos comerciantes como viña sendo ata o de agora. Neste senso tamén se explicou hoxe a AVV de A Ponte, que na voz da sua presidenta, dixo que a xestión pública era a única maneira de defender os intereses da cidanía do barrio e os de todo Ourense. Tamén tivo palabras críticas para o equipo de goberno polas obras realizadas –non hai acceso para minusválidas-os e só hai espazo para 5 postos- e polo enfrontamento que manteñen pola cesión do local para a asociación, dado que lles aseguraran que ían telo a disposición na segunda planta e agora néganllo. Olga Giráldez chegou a dicir que o alcalde non tiña autoridade.

IMG_2668Dende a AVV tampouco entenden porqué a concelleira de Comercio non se reuniu con eles para explicarles cal era o modelo que defendían dende o gobernó. A este respecto, o portavoz nacionalista, Xosé Somoza, lembrou que o BNG presentara unha moción que fora retirada a petición do PSOE para falalo primeiro cos grupos e coas veciñas e veciños. Dende entón –mes de maio-non se volveu falar do tema.

Ourense, 9 de outubro de 2014

O BNG e as veciñas da Ponte por unha xestión pública da praza de abastos