Os concelleiros do BNG van á Folga Xeral

Os concelleiros do BNG van á Folga Xeral

Ourense, 27 de marzo de 2012.- Isabel Pérez, Portavoz Municipal do BNG, Fernando Varela e Marta Arribas, solicitaron hoxe á Concellería de Persoal que se lles desconte a xornada de traballo do 29 de marzo xa que se suman á convocatoria de Folga Xeral do sindicalismo nacionalista.

O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense reafirma o seu rexeitamento á reforma laboral do Partido Popular e o seu apoio á Folga Xeral do 29 de Marzo á que esta chamado o pobo galego para defender os seus dereitos sociais e laborais con este escrito presentado hoxe no Concello co que se efectiviza formalmente a adhesión á Folga Xeral.

Os concelleiros do BNG van á Folga Xeral