Demanda do BNG ao goberno Local para retomar os traballos de elaboración dunha ordenanza de veladores participada socialmente e amplamente consensuada

Praza do Ferro, Ourense
Praza do Ferro, Ourense

A formación nacionalista pídelle ao goberno local que convoque unha mesa de diálogo co resto de grupos, con sector da hostalería e con colectivos veciñais para retomar uns traballos parados desde o 2014.

Demanda do BNG ao goberno Local para retomar os traballos de elaboración dunha ordenanza de veladores participada socialmente e amplamente consensuada

Ourense, 20 de Outubro de 2020. Con data 15 de outubro de 2020 o Grupo Municipal do BNG recibiu por parte do Coordinador Xeral da Administración Municipal, o borrador das “condicións xerais para a tramitación de solicitudes de autorización de ocupación da vía pública mediante terrazas de veladores” co gallo de que puideran facer  achegas a dito documento.

Desde O grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense sinalan que desde o inicio de mandato, reiteraron en varias ocasións a necesidade de aprobar unha Ordenanza de veladores consensuada co sector e que dese seguridade xurídica e estabilidade.

Hai xa anos houbo un esforzo enorme do Bloque Nacionalista Galego de facer achegas con diálogo permanente co sector para poder elaborar un borrador de ordenanza consensuado e o cal, desde entón, leva durmindo o sono dos xustos no caixón dos distintos responsables de área sen que ate o de agora os distintos gobernos municipais foran quén de dar os pasos necesarios para a súa aprobación definitiva.

Ao longo destes 17 mese que levamos de mandato, en ningún momento o goberno municipal amosou o máis mínimo interese por regular e lexislar a este respecto. Negándose a crear unha comisión especial proposta polo BNG en varias Xuntas de Área.

Apareceu a pandemia e agora todo son presas, pretendendo aprobar unhas instruccións, as cales, son unha ordenanza encuberta, en Xunta de Goberno Local, con nulo díálogo co sector e co resto de grupos da corporación.

O propio documento, que non conta co aval de ningún informe xurídico, e que obvia cuestións tan elementais como a Lei Galega de Emprendemento, recoñece escasas garantías en canto á seguridade xurídica, o que pode significar no futuro, un problema en canto á tanto para o concello como para o propio sector.

Un texto no que se pretende regular o uso de dominio público e o aproveitamento do mesmo debe ser un documento consensuado con todas as partes implicadas, non pode ser unha imposición.

Desde o BNG apostan por retomar en base ao diálogo de todos os actores implicados, e dicir, concello, sector de hostalería, grupos municipais e colectivos veciñais, os traballos iniciados fai anos para que nun prazo de 3 a 6 meses teñamos unha ordenanza de veladores, ordenanza consensuada, adaptada á lexislación vixente e que ofreza as máximas garantías desde o punto de vista xurídico.

O Grupo Municipal do BNG ten aportacións para a ordenanza, mais entenden que as instruccións son unha fuxida cara adiante cun documento de dubidosa legalidade e que lonxe de solucionar o problema pode acabar xerando outro maior.

Demanda do BNG ao goberno Local para retomar os traballos de elaboración dunha ordenanza de veladores participada socialmente e amplamente consensuada