Esiximos disciplina orzamentaria para que as concellerías non enganen @s proveedores

Esiximos disciplina orzamentaria para que as concellerías non enganen @s proveedores

O equipo de goberno contratou servizos e comprou bens sabendo que non tiñan crédito

O BNG anunciou hoxe que non vai aprobar ningunha das modificacións de crédito que o PSOE leva ao pleno de outubro. O portavoz nacionalista, Xosé Somoza, manifestou que o equipo de goberno enganou aos proveedores comprando bens e contratando servizos cando xa non tiñan consignación orzamentaria. Agora a solución que lles dá aos acreedores-as é mandalos aos grupos da oposición, responsabilizándoos por non poder pagarlles.

10690204_485927448212085_3399229542600993721_nEsta situación non é nova e xa o BNG, cando formou parte do goberno, pretendeu estabelecer unha disciplina orzamentaria para que as diferentes concellarías só gastaran en función do crédito que tiñan nas suas partidas. Nin o conseguiu daquela nin o PSOE o fixo despois. Das 77 facturas que aparecen no expediente e que pretenden aprobar no pleno do venres, podería haber algunha que se considerase como gasto sobrevido e polo tanto, o seu pago, non deberían demorarse ata o exercicio seguinte. Neste caso, sí as apoiaríamos como crédito extraordinario.

Toda esta desfeita contábel na que está inmerso o PSOE deriva da non aprobación dos orzamentos. Teñen por costume deixar millóns de euros sen executar dos proxectos de investimento e logo o remanente debe destinarse, por obriga legal, a devolución das débedas aos bancos.

O BNG non é responsábel de que os acreedores-as non cobren nin da nefasta xestión económica do equipo de goberno. O que lles pedimos é que aproben os orzamentos e se adapten, no gasto, aos créditos consignados.

Ourense, 1 de outubro de 2014

Esiximos disciplina orzamentaria para que as concellerías non enganen @s proveedores