A falta de orzamentos retrasa o pagamento da extra do 2012 aos traballadores-as do Concello

A falta de orzamentos retrasa o pagamento da extra do 2012 aos traballadores-as do Concello

O BNG lémbralle ao goberno de Ourense o compromiso adquirido no pleno de setembro de 2012 de articular os mecanismos que foran precisos para compensar a perda do poder adquisitivo dos traballadores-as do Concello. Este compromiso convértese agora en imposición legal dado que o xulgado do Social ditou sentenza no Conflicto Colectivo e estima parcialmente a demanda presentada polos sindicatos fronte ao Concello, declarando que os traballadores-as teñen dereito a percibir a parte proporcinal da paga extra de decembro de 2012 correspondente a 44 días xa devengados da mesma á entrada en vigor do Real Decreto Lei 20/12 porque as leis non teñen carácter retroactivo cando prexudican aos interesados-as.

concello de ourense

A pesares de que contra esta sentenza cabe recurso de suplicación, o BNG considera que o goberno non debería recorrer dado que adquirira o compromiso de buscar a maneira de facer efectiva a paga extra de decembro , recortada aos empregados-as públicos polo goberno español.

Os nacionalistas esixenlle ao equipo de goberno que inclúa nos orzamentos do 2014 unha partida específica para o pago deste concepto para non ter que andar pondo remendos coas modificacións de crédito.

A falta de orzamentos retrasa o pagamento da extra do 2012 aos traballadores-as do Concello