O Grupo Municipal do BNG plantéxase non acudir ao pleno do vindeiro luns 24 de agosto de non dar marcha atrás o goberno na súa intención de celebrar a sesión

Desde o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense entenden que non está garantida a seguridade sanitaria da sesión, pois membros do goberno local estiveron en contacto coa persoa infectada e non hai constancia de que se sometesen as probas PCR que descarten ao seu contaxio.

O Grupo Municipal do BNG plantéxase non acudir ao pleno do vindeiro luns 24 de agosto de non dar marcha atrás o goberno na súa intención de celebrar a sesión

Ourense, 22 de agosto de 2020. Para o BNG no Concello e Ourense resulta alarmante a falla de información e de claridade por parte do goberno municipal desde que se tivo a constancia de que un membro do gabinete da alcaldía dera positivo en Covid-19.

Máis de 24 horas despois de saltar á luz o positivo, ninguén do grupo de goberno se puxo en contacto co grupo municipal do BNG, enterándose das decisións do goberno a través das redes sociais dun dos partidos do bipartito municipal. Por esta razón, na mañá deste sábado veñen de solicitar os nacionalistas vía rexistro, copia do informe da Xunta que descarta tomar medidas de confinamento, cuarentena ou de tests para as persoas que estiveron en contacto con él.

Resulta extraño e dificilmente entendible que na situación na que nos atopamos a nivel global e diante dun positivo dentro do cadro de persoal do Concello de Ourense, non se adopte ningunha medida de seguridade e prevención tal e como se fai noutros casos moi similares.

Desde o BNG Cren que a decisión de manter a celebración do Pleno nestas circunstancias, ademáis dunha enorme irresponsabilidade, está a enviar unha mensaxe contraditoria á veciñanza. Mentres a eles se lles piden esforzos e sacrificios en situacións similares, os representantes públicos fan caso omiso, antepondo a celebración dun pleno, por importante que sexa, que o é, ao ben máis prezado, que é a saúde. ¿Como podemos compartir un espazo reducido durante horas con persoas que non sabemos si están ou non contaxiadas ao estar en contacto, directo ou inderecto coa persoa infectada?

Nesta situación, e de non mediar rectificación por parte do goberno municipal, o BNG valora non acudir a dita sesión, ao entender que non se garanten as mínimas condicións sanitarias para a súa celebración. Non sabemos se algún membro do goberno ou o propio alcalde é positivo en Covid-19, ao non termos constancia de que todos eles se sometesen as probas preceptivas de detección do virus.

Nas vindeiras horas o BNG no concello trasladará esta cuestión ao resto dos grupos, tanto do goberno como da oposición, co gallo de buscar un consenso que permita adiar a celebración do Pleno (serían apenas 3 semanas posto que o 11 de setembro estaba previsto a celebración do seguinte), co obxectivo de que se antepoña o sentido común, fronte aos intereses partidarios, por lexítimos que estes foran.

Entenden os nacionalistas que garantir a saúde de todolos asistentes, incluido o persoal de apoio, do persoal da propia deputación e dos medios de comunicación que cubran a sesión, é unha obriga, xa que unha vez remate a mesma, cada un dos asistentes acudirá aos seus domicilios ou lugares de traballo, polo que o risco de expansión ou de xerar un novo gromo é altisimo.

De igual modo, o BNG no Concello de Ourense reitera a petición realizada no dia de onte e insta ao goberno municipal a que active o protocolo da Covid-19, que se aílle as persoas do gabinete de alcaldía mentres non se fagan as correspondentes probas, co fin de garantir a saúde de todos eles e por extensión, do resto das persoas.

Coa saúde non se xoga.

O Grupo Municipal do BNG plantéxase non acudir ao pleno do vindeiro luns 24 de agosto de non dar marcha atrás o goberno na súa intención de celebrar a sesión