Levarase a pleno a situación actual da Praza de Abastos nº1

BNG, PSdeG e Ciudadanos votaron a favor na comisión de pleno

Levarase a pleno a situación actual da Praza de Abastos nº1

O portavoz municipal do BNG no concello de Ourense, Luis Seara, adiantou que se levará a pleno a situación da praza de Abastos número 1. Asegurou tamén que existiu discrepancias entre o PP e DO, socios de goberno, con este punto: resolución de discrepancia do expediente de adxudicación definitiva das obras de execución do proxecto e reforma da Praza de Abastos.

"O que se manifesta con este punto é a incompetencia do anterior e o actual equipo de goberno" explicou o voceiro municipal do BNG. Indicou que "Democracia Ourensana pedía a retirada deste punto da orde do día porque precisaba tempo para analizalo" mentres que o Partido Popular "estaba dacordo, a pesares de votar a súa retirada na orde do dñia, de introducilo no vindeiro pleno".

O resto da comisión de pleno, por maioría, votou a favor de inserir na orde do día a resolución de discrepancia do expediente de adxudicación definitiva das obras de execución do proxecto e reforma da Praza de Abastos. Seara puntualizou que a culpa ven do anterior e o actual goberno municipal pola súa neglixencia para a "xestación e desenvolvemento das subvencións adquiridas" e "por non dar cumprimento a unha recomendación do interventor municipal" que formulou unha nota de reparo pedindo que se habilitara "crédito con caracter previo á adxudicación da obra".

"Como é posíbel que en todos estes meses o PP nos estivera mentindo? Como é posíbel que nin o anterior nin o actual goberno municipal non aprobasen un expediente de modificación de créditos que resolvería esta situación de inacción?" recriminou Seara, portavoz municipal do BNG.

Dende o BNG solicitáronlle ao actual goberno local que "doten suficientemente a partida e que o fagan axiña" para que se poida "adxudicar xa o procedemento da Praza de Abastos e darlle prioridade a un dos sectores principais do noso concello como é o comercio local".

Asemade, o portavoz do BNG sinalou que o alcalde debe "renovar a flota dos coches da Policia Local" e pode mesmo facer "un prego de condicións que, a parte de ser legal, sería unha forma de vender os coches oficiais e renovar a flota da policia que se atopa en condicións precarias".

Cultura de base como alternativa

Seara mandou tamén un saúdo agarimoso a todas aquelas persoas que se adican a facer cultura neste concello "en condicións non sempre favorábeis". "Aos enterradores da cultura", explicou o voceiro, "por máis que o intenten, nin cen Jácomes van rematar coa cultura de base". Explicou que, se Ourense ten algo "é xente intelixente e xente que traballa a prol da cultural".

Levarase a pleno a situación actual da Praza de Abastos nº1