Os nacionalistas reclaman as novas tarxetas para o acceso á zona vella

Os nacionalistas reclaman as novas tarxetas para o acceso á zona vella

Coa ordenanza de tráfico vixente, moit@s residentes na zona histórica de Ourense viron como se lles restrinxía o acceso ás súas vivendas ou negocios, pois non se lles permitía renovar as tarxetas magnéticas coas que accedían ao sistema controlado de tráfico.

Neste contexto, o BNG, que fora promotor da ordenanza de tráfico, realizou diversas reunións coas persoas residentes das que saíu o compromiso de presentar unha moción para solicitar a súa modificación que, defendida no Pleno do mes de abril, foi aprobada cos votos favorables do BNG e do PP e a abstención de PSOE e DO. Unha moción que corrixe a ordenanza co fin de que os residentes e comerciantes da zona puieran acceder mediante a tarxeta magnética para realizar calquera xestión prohibindo, expresamente, o estacionamento por un tempo superior ao que os técnicos determinaran.

A proposta do BNG foi certamente aprobada mais, 6 meses despois, @s veciñ@s seguen reclamando as novas tarxetas de acceso. Debemos suliñar que o fondo da proposta baséabase en dotar de dereitos ás persoas e non aos vehículos , posto que son as persoas, as que alí viven e traballan, as que deben poder acceder as súas vivendas ou locais comerciais independientemente de si son propietarias dun coche ou de si conducen ou non.

A demora na súa implantación leva aos nacionalistas a considerar que o grupo de goberno só actúa con axilidade nas cuestións que lle conveñen. Son varias as propostas feitas polo BNG que recibiron o apoio do equipo de Agustín Fernández mais a día de hoxe seguen sen ser executadas. Fala o voceiro do BNG, Xosé Somoza, da tarxeta Milenium para desempregad@s -aprobada no mes de xaneiro-, a atención psicolóxica nos centros cívicos para maiores, a apertura da Casa da Mocidade, o proxecto europeo do “Come Ourense” ou o Compromiso de Compra Pública Local, Ética e Sostible.

Os nacionalistas reclaman as novas tarxetas para o acceso á zona vella