Unha nova RPT evitaría que o goberno de Ourense sega a privatizar servizos

Unha nova RPT evitaría que o goberno de Ourense sega a privatizar servizos

A política de persoal do Concello de Ourense vén funcionando, nos últimos tempos, a golpe de decreto. Denuncias dos grupos políticos, dos sindicatos, da subdelegación de goberno polas formas de contratación, arbitrarias e sen xustificación.

O BNG está en contra do decreto do goberno español que restrinxe a contratación de persoal por parte das administracións públicas. Agora ben, tamén amosamos a nosa frontal repulsa a que se empregue esta lexislación como argumento para fomentar a privatización de servizos públicos, que é a forma de actuar do equipo de goberno de Ourense, quen opta por este método para xustificar o mentemento dos servizos.

O portavoz nacionalista, Xosé Somoza, lembra os útlimos casos, a saber, a conserxería dos centros cívicos, as asistencias técnicas á recadación municipal, os servizos técnicos do Auditorio, a elaboración de informes e defensas xurídicas ou do planeamento de detalle.

Hai máis de dous anos, o BNG xa demandara a necesidade de revisar a Relación de Postos de Traballo (RPT). A esta demanda tamén se suman os sindicatos que ademais esixen que se faga o concurso de traslados. Esta planificación permitiría identificar con precisión as necesidades laborais do Concello así como aqueles postos coxunturais relacionados con programas ou necesidades de duración determinada. Tamén darían argumentos para xustificar máis contratacións, se foran precisas, evitando así as sentencias desfavorabeis dos tribunais en aplicación da normativa estatal.

Neste senso, e para parar tantos desatinos, o BNG presenta para o pleno de outrubro unha proposta pedindo a elaboración dunha nova RPT e esixindo que se mude a política de persoal cuxos dirixentes apartan das súas responsabilidades a [email protected] e contratan a persoal externo para realizar esas mesmas funcións.

Unha nova RPT evitaría que o goberno de Ourense sega a privatizar servizos